Estás aquíMuller

Muller


Labregas polos nosos direitos

Labregas de Europa reuníronse en Cáceres do 27 ao 29 de Abril no seminario "Labregas polos nosos direitos", organizado pola Confederación de Mulleres do Mundo Rural (CERES) en colaboración coa Área de Muller da COAG, as Mulleres da COAG-Extremadura e a Coordenadora Europea Via Campesina. No seminario aprobouse a seguinte declaración:

8 de Marzo: NaiMar

Un pouco máis ao Sul do Sul chileno, en Magallanes, escreben:

Rebelámonos como mulleres traballadoras ante a explotación que sufrimos nas plantas de procesamento das industrias salmoneiras. O soldo mínimo establecido por lei non se respeita. As empresas para as que traballamos non son inspeccionadas polos servizos de Traballo e de Saúde como debería ser. Cando se fai é previo aviso, entón fannos disimular e todo parece perfeito. Castígannos con multas se solicitamos permisos para as nosas reunións. O que nos dan nos comedores das fábricas é deficiente e de má cualidade, polo xeral fideus e pan. A roupa de traballo descóntasenos dos ingresos. A viaxe para ir traballar, que adoita ser de dúas horas, facémolo en buses para 6 pasaxeiras e viaxamos 12. Ou nos buses de 30 pasaxeiras e entón viaxamos 45 ou máis. Traballamos de pé máis de 11 horas diarias nun galpón de grandes dimensións cun ambiente húmido e frío e ninguén nos recoñece todo isto.

Declaración da Comisión Internacional das Mulleres da Vía Campesina

Con gallo do Día Internacional das Mulleres
8 de Marzo de 2009

Nós, mulleres labregas chegadas desde os cinco continentes a Seúl, en Corea do Sul, no marco da reunión da Comisión Internacional de Mulleres da Via Campesina, facemos a seguinte declaración:

Co gallo do Día Internacional das Mulleres reafirmamos a nosa vontade de actuar para mudar o mundo capitalista e patriarcal que dá prioridade aos intereses do mercado fronte aos dereitos das persoas.

Como labregas, reclamamos o respeito de todos os nosos dereitos, esiximos o noso dereito a unha vida digna e sen violencia e o respeito dos nosos dereitos sexuais e reprodutivos.

Loitamos para lograr a soberanía alimentar e por manter a agricultura labrega, que son as alternativas ás crises alimentar e climática actuais.

Esiximos unha reforma agraria integral e o respeito cara á biodiversidade.

O señor das cadeas

Imaxine que se atopa nunha grande sala xunto con seiscentas persoas, campesiños e campesiñas, chegadas de todos os países, con vestimentas diferentes, idiomas propios, trazos particulares, pero coa mesma faísca nos seus ollos, con igual temperatura de corazón, con latexos sincronizados. Todas unidas da man nun corro xigante. No centro sentada nunha cadeira, unha muller africana encadeada, cos ollos vendados e a boca precintada. O silencio é completo, tenso.

Declaración da III Asemblea das Mulleres de Via Campesina

En Maputo, Mozambique, co gallo da V Conferencia Internacional da Vía Campesina, nós as mulleres do campo dos diferentes continentes tivemos a nosa III Asemblea das Mulleres. Atopámonos coa alegría do compartir, o agarimo das compañeiras, a riqueza das nosas culturas diversas e a beleza da mulleres de África, Asia, Europa e as Américas.

Somos mulleres con historias e loitas comúns pola vida, a terra, os territorios, a Soberanía Alimentar, a xustiza, a dignidade; mulleres que compartimos saberes e experiencias, convencidas de que as ideas como as sementes cando se intercambian crecen e se multiplicanse. Somos mulleres que loitamos contra a violencia ao longo da historia, loitadoras, que continuamos a defender os nosos territorios e as nosas culturas do saqueo, a devastación e a morte perpetradas por quen impuxeron o seu poder desde o tempo da colonia, e que hoxe continúan a tentar colonizar non só os nosos territorios senón tamén as nosas mentes e as nosas vidas.

A ISAP estará na Feira de Soberanía Alimentar organizada pola Marcha Mundial das Mulleres

Desde o pasado día 14 de Outubro Vigo acolle o VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres. O fin de semana de 18 e 19 de Outubro, neste marco, celébrase un Foro e unha Feira sobre Soberanía Alimentar.

A Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos colaborou coa Marcha Mundial das Mulleres na elaboración dunha exposición e estará presente na Feira tanto por medio das organizacións que a integran (Amarante, SLG, Verdegaia e VSF) como facendo unha apresentación pública sobre esta alianza criada en Galiza seguindo o mandado do Foro de Nyéléni.

Esperámoste aló!

Máis información

Pobreza e violencia

Doíame a soidade…

Ao morrer o seu home, Cristina pasou dúas semanas deitada na cama sen saber que facer. Cría que soa, como muller, nada podía facer na vida. Era o seu esposo quen traballaba o campo, o que facía ela era axudar. El era o que estaba organizado e acudía a reunións, ela cociñaba para os participantes. El tomaba as decisións, pensar e opinar non son cousas de mulleres, repetíanlle. O décimo quinto día, o seu fillo pequeno achegouse docemente ao abismo da cama no que se refuxiaba e mumuriou: “mamá, teño fame”, e Cristina “muller” emerxeu. Tiña que alimentar aos seus catro fillos e podía facelo. Seica non tiña mans para traballar a terra? Seica non tiña mente para pensar? Seica non tiña alma para loitar? A súa xanela abríase ao mundo e debía enfrontalo sen medo.

Declaración da Asemblea Internacional das Mulleres sobre Diretos Labregos

Nós, mulleres labregas provenientes de Colombia, República Dominicana, Corea do Sul, Indonesia, España, Tailandia, Malaisia e Timor Leste, reunímonos en Xacarta para discutir sobre a situación das mulleres campesiñas ao redor do mundo.

A difícil situación que se afronta nas áreas rurais e o feito de non ter aceso á terra, conduciu ás mulleres a emigrar á cidade e a outros lugares na procura de oportunidades laborais mais con salarios reducidos. Existe demasiada pobreza nas zonas rurais e as mulleres non contan con ingresos abondo para alimentar ás súas familias de modo que a fame e a malnutrición están a aumentar tanto no ámbito rural como no medio urbano.

A responsabilidade de coidar á familia recai nas mans das mulleres e a dificuldade e incerteza frente á saúde e a educación para a infancia fai que as mulleres deban traballar durante longas horas a cambio duns mínimos ingresos.

Labregas invisíbeis

Somos ricas! Esta é a exclamación das mulleres labregas organizadas internacionalmente na Vía Campesina. «Se somos quen de producir a nosa alimentación, entón somos ricas!». Reivindican con este berro a súa riqueza, aínda que esta fique invisibilizada nun sistema capitalista onde só manda a economía monetaria con autoridade de pai déspota. O que non se contabiliza -en termos económicos- non existe.

Quen Somos

Financia

Web renovado e actualizado co apoio económico da cooperación galega

Quién está en línea

Actualmente hay 0 usuarios y 1 invitado en línea.