Estás aquí8-10 de Outubro de 2010: VII Foro por un Rural Vivo

8-10 de Outubro de 2010: VII Foro por un Rural Vivo


Os vindeiros días 8 a 10 de Outubro de 2010, en Cortes de la Frontera (Málaga), celebrarase o VII Foro por un Mundo Rural Vivo co lema "Agriculturas e vilas vivas para alimentar o mundo e arrefriar o planeta!"

1-OBXECTIVOS

  • Mobilizar á sociedade rural e ás organizacións sociais que anceian un mundo rural vivo.
  • Afianzar O FORO como un espazo de debate e de propostas transformadoras para unhas vilas con vida.
  • Fortalecer PLATAFORMA RURAL como alianza por un mundo rural vivo e o proxecto político que representa.

2-CONTIDOS

  • Revisar os obxectivos e os compromisos asumidos no FORO DE ANDORRA.
  • Aprofundar sobre os cambios GLOCAIS que se produciron nos dous últimos anos: políticos, económicos, sociais, culturais
  • Analisar a repercusión dos cambios globais no mundo rural e os seus territorios.
  • Elaborar novas estratexias de traballo colectivo e propostas concretas de acción para UN MUNDO RURAL VIVO.

3- AVANZO DO PROGRAMA

SEXTA-FEIRA 8 DE OUTUBRO

  • 17,00 h. Acollida dos\/as participantes e inscricións ao VII - FORO
  • 20,00 h. - Construción do mapa dos/as participantes: de onde veño, que veño compartir, que compromisos colectivos quero levar para a miña terra
  • 21,30 h. Cea
  • 22,30 h. Presentación do libro "Tertulia sobre la historia de LA VIA CAMPESINA", a cargo da súa autora ANNETTE DESMARAIS.

SABADO 9 DE OUTUBRO

  • 09,30 h. MISTICA e Presentación do VII- FORO.
  • 10,00 h. Balance das loitas que levamos a cabo desde o FORO DE ANDORRA.
  • 12,00 h. Relatorio: Unha visión global e crítica do presente e futuro do Mundo Rural.
  • 13,00 h. Traballo en grupos: definir desde unha perspectiva global preocupacións e retos para o futuro.
  • 14,00 h. Xantar
  • 16,00 h. Posta en común do traballo en grupos.
  • 16,30 h. Relatorio: Unha visión local e crítica do presente e futuro do Mundo Rural.
  • 18,00 h. Traballo en grupos: definir desde unha perspectiva local preocupacións e retos para o futuro.
  • 19,30 h. Posta en común
  • 21,30 h. Cea
  • 22,30 h. Evento cultural: presentación da película-documental: A terra asoma (*)
     

DOMINGO 10 DE OUTUBRO

  • 09,30 h. MISTICA
  • 10,00 h. Traballo en grupos sectoriais, REDES e ALIANZAS : Desafíos, estratexias e propostas de traballo colectivo para os próximos dous anos.
  • 13,00 h. Posta en común.
  • 14,00 h. Xantar.
  • 16,00 h. Traballo en grupos territoriais: Desafíos, estratexias e propostas de traballo colectivo para os próximos dous anos ( este espazo permite atoparse a xente do mesmo territorio para poder traballar xuntos ).
  • 19,00 h. Posta en común.
  • 20,00 h. Reunión de Portavoces de grupos e preparación da festa campesiña.
  • 21,00 h. Declaración final do VII ? FORO.
  • 22,00 h. CEA COMPARTIDA E FESTA CAMPESIÑA (**)

LUNS 11 DE OUTUBRO ACTIVIDADES LIBRES

  • Visita turística da SERRANÍA DE RONDA
  • Reunións informais
  • Encontro de artistas por un mundo rural vivo
  • Outros.

(*) DOCUMENTAL- PELÍCULA "La tierra asoma": Meseta castelá, ano 2010. Un grupo de persoas están comprometidas para que as vilas non desaparezan e con eles unha cultura secular máis humana, saudabel e respeitosa co ambiente. Contodo en Amayuelas non están sós, non son unha ecoaldea. Os pobos no s. XXI non han de vivir isolados. En Amayuelas dinamizan a comarca e están comprometidos por un mundo rural vivo: "A loita dos sen terra do Brasil é a nosa loita e viceversa", din. En pleno século de revisión de valores, compromisos éticos e novos paradigmas, "LA TIERRA ASOMA" en Amayuelas
(**) A cea compartida realízase coas achegas que cada un/a traia da súa rexión.

4- FICHA DE INSCRICIÓN

Etiquetas

Quen Somos

Financia

Web renovado e actualizado co apoio económico da cooperación galega

Quién está en línea

Actualmente hay 0 usuarios y 1 invitado en línea.