Estás aquíFood Rebellions, de Eric Holt, publicado en español

Food Rebellions, de Eric Holt, publicado en español


Food Rebellions!, o último libro de Eric Holt-Giménez e Raj Pattel vén de ser publicado en español pola editorial El Viejo Topo co título Rebeliones Alimentarias. O libro analisa as causas da crise dos prezos dos alimentos de 2007 e 2008 nun contexto económico que levou a superar os 1.000 millóns de seres humanos que padecen fame mentres no mundo se producen máis alimentos dos que necesitamos. Máis de 30 países viviron rebelións alimentares en 2007 e 2008, entre eles cumpre salientar Haití, país cun 80% da súa poboación a vivir na pobreza e agora gravemente afectado por un terremoto.

No último número da revista-e Cos Pés na Terra o libro é reseñado por Leonor Hurtado e o propio Eric Holt escrebe sobre as rebelións alimentares. Podes ver aquí o vídeo da palestra de apresentación en Madrid de Rebeliones Alimentarias.

Eric Holt-Giménez é director do Instituto Food First. En Novembro de 2008 estivo en Galiza coa ISAP.

 

Etiquetas

Quen Somos

Financia

Web renovado e actualizado co apoio económico da cooperación galega

Quién está en línea

Actualmente hay 0 usuarios y 1 invitado en línea.