Estás aquíO 70% da auga no mundo utilízase na agricultura

O 70% da auga no mundo utilízase na agricultura


No medio rural, o acceso á auga é cada vez máis difícil para o campesiñado.

Durante os días que rodean ao Día Mundial da auga, este ano dedicado á calidade da mesma, lemos dados arrepiantes como que 900 millóns de persoas non teñen aceso a auga potable. Unha mostra máis dun mundo no que a desigualdade e a inxustiza son o paradigma dominante. Un dado que, como o do número de persoas famentas, non para de crecer desde que Nacións Unidas anunciase os Obxectivos do Milenio.

Neste Día Mundial da auga, unha vez máis, desde Veterinarios Sen Fronteiras queremos lembrar que a auga é esencial para a produción de alimentos no campo. Trátase dun elemento tan vital para o campesiñado como a terra ou as sementes, e é paradoxal que o aceso a estes tres insumos básicos sexa cada vez máis difícil para as familias produtoras de alimentos.

A auga é como unha filigrana que atravesa en diagonal toda a cadea alimentar: sen auga non somente non bebemos senón que non comemos. Poida que pareza unha obviedad, pero é importante que certas 'obviedades' non pasen inadvertidas. A maior parte da auga non a bebemos senón que a comemos':

  • O 70% da auga no mundo utilízase na agricultura, onde constitúe un elemento básico para a produción de alimentos.
  • Cando tomamos unha cunca de café estamos a 'beber' 140 litros de auga (se contamos toda a auga necesaria para que eses centilitros de café chegue aos nosos labios: a de produción, a de transformación, a de transporte, a de envasado, etc.).
  • Cando bebemos un vaso de zume de laranxa, realmente estamos bebendo 170 litros de auga.
  • Cando nos comemos unha soa hamburguesa estamos inxerindo en realidade 2400 litros de auga.

Non somos do todo conscientes de que, de media, unha persoa come' 3000 litros de auga ao día, a través da súa alimentación, pero non todas as formas de producir, transformar, envasar e comercializar alimentos teñen o mesmo efeito sobre a auga. Un dos sectores que máis a contamina é, precisamente, a alimentación industrial: os praguicidas e fertilizantes sintéticos fíltranse ás masas acuáticas e provocan eutrofización, salinización e contaminación, ou as dexeccións dunha gandaría intensiva sobredimensionada flúen e contaminan, tamén, grandes cantidades de auga. O sector alimentar industrial e o do sobreenvasado alimentar utilizan unha cantidade de auga que sería recuperada se a industrialización e o sobreenvasado fosen menores.

Ao longo do tempo, as agriculturas labregas xeriron a auga integrándoa no seu modo de produción, na súa cultura, con adecuación de cultivos respeito das posibilidades hídricas dos territorios, con prácticas agrarias que respeitaban a súa salubridade e uso, producindo alimentos e conservando o prezado recurso acorde ao seu ciclo intrínseco de renovación para as xeracións futuras. Pasar dunha agricultura campesiña a unha industrial rompeu, tamén, ese vínculo.

Desde hai anos, a Soberanía Alimentar como obxectivo político pretende, entre outras cousas, resituar o control dos recursos como a terra, as sementes ou a auga nas mans das persoas que producen alimentos, pór o aceso a estes prezados recursos no centro das políticas agrarias de moitos países e rexións, especialmente as máis castigadas polo modelo neoliberal alimentar. Demándanse reformas agrarias reais, que se protexan ás sementes (fonte de, literalmente, a nosa vida) da privatización e oligopolios, e como non, demándase o acceso do campesiñado á auga, recurso vital e imprescindíbel para cumprir co seu labor de alimentar ao mundo.

Fonte: VSF

Etiquetas

Quen Somos

Financia

Web renovado e actualizado co apoio económico da cooperación galega

Quién está en línea

Actualmente hay 0 usuarios y 1 invitado en línea.