Estás aquíCampesiñado, xente do mar, activistas e investigadores falarán en Compostela sobre alimentación xusta e sustentábel

Campesiñado, xente do mar, activistas e investigadores falarán en Compostela sobre alimentación xusta e sustentábel


Persoas dedicadas á agricultura, gandaría, pesca artesanal, marisqueo, consumo responsábel e investigación, de Galiza, Cataluña, País Basco, Mozambique e Chile, participarán nas palestras e mesas redondas das Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar organizadas pola ISAP para os días 27 e 28 de Febreiro en Santiago de Compostela. Domingo 28 haberá ademais unha feira na Praza de Mazarelos.

A democratización da alimentación, as relacións Norte-Sul e a fame, o impacto do modelo agroindustrial sobre a mudanza climática, as dificuldades e alternativas en marcha para vivir da terra e o mar, a situación e expectativas do consumo resonsábel, así como a situación en Mozambique e Chile serán os temas sobre os que se falará e debaterá nas Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar organizadas pola ISAP co apoio da Cooperación Galega.

Na Praza de Mazarelos, ademais, haberá Domingo 28 de Febreiro unha Feira pola Soberanía Alimentar na que se poderán atopar postos de produtos labregos locais e colectivos comprometidos coa soberanía alimentar, “o direito dos pobos a alimentos nutritivos e culturalmente apropiados, acesíbeis, producidos de forma sustentábel e ecolóxica, e o seu direito a decidir o seu propio sistema alimentar e produtivo” segundo o Foro de Nyéléni, celebrado en Mali en Febreiro de 2007.

Anótate!

Etiquetas

Quen Somos

Financia

Web renovado e actualizado co apoio económico da cooperación galega

Quién está en línea

Actualmente hay 0 usuarios y 1 invitado en línea.