Estás aquíMobilización de movimentos labregos en Copenhague
Mobilización de movimentos labregos en Copenhague
A agricultura industrial é “o esqueleto no armario” da Convención Marco das Nacións Unidas sobre a Mudanza Climática (UNFCCC). Se temos en conta a produción, o tratamento dos produtos e o transporte, toda a cadea alimentar sería a responsábel de case que a metade de todas as emisións de gases de efeito invernadoiro. No entanto, os negociadores non parecen estar dispostos a recoñecer o impacto que teñen os alimentos e o sistema agrícola actual, nen a necesidade apremiante de mudar de xeito radical as políticas sobre alimentación.
O movimento campesiño internacional Via Campesina, que convoca por centos de millóns de pequenos agricultores e campesiños de todo o mundo, estará presente en Copenhague para reivindicar que a agricultura sustentábel a pequena escala é a solución para saír da crise na que nos atopamos.
Xa é hora de re-localizar a produción de alimentos, de acabar coa famenta agricultura empresarial baseada no uso de combustibeis fóseis, e de pór en marcha un sistema de soberanía alimentar. Un movimento de tal calibre provocaría unha redución de 1/2 a 2/3 partes das emisións globais actuais. Se isto se combinase cunha forte redución no consumo sobretodo nos países industriais, produciríase unha importante e efectiva redución en contra das falsas solucións como o comercio do carbono e os arranxos técnicos presentados por medio de planos de agricultura industrial segundo se debate na UNFCCC.
Unha transformación así do mundo da agricultura non só contribuiría enormemente a solucionar a crise climática, senón que tamén proporcionaría alimentos sans para todos e unha calidade de vida básica para millóns de mulleres e homes.
Ao redor de 100 campesiñas e campesiños da Via Campesina de 30 países diferentes de África, Asia, Europa e América participarán nas mobilizacións, obradoiros, debates e protestas xunto a diversos movementos sociais do 10 ao 18 de decembro en Copenhague.
Publicado no web da Vía Campesina










