Estás aquíOrganopónico! Unha revolución agrícola
Organopónico! Unha revolución agrícola
ORGANOPONICO! An Agricultural Revolution from Puddle Pictures on Vimeo.
A desintegración da URSS e a desaparición do "Bloque Socialista" supuxo a entrada de Cuba no coñecido como "Período Especial", unha crise causada pola falta de petróleo e os seus derivados, así como pola perda do groso do comercio exterior, que fixo escasear os alimentos. Neste contexto nasceron os "organopónicos", hortas urbanas de produción biolóxica levantadas por toda a cidade da Havana. Hoxe son máis de 7.000 en toda Cuba, a maior iniciativa de horticultura urbana do mundo.
O 8% do territorio da Havana é utilizado para subministrar á populación desta cidade máis do 90% das fruitas e vexetais que consome, e isto faise ademais cun sistema xerido pola viciñanza, sustentábel, xerador de emprego digno, que fai a cidade máis agradábel e achega alimentos de alta cualidade a mui bons prezos. A curta documental "Organopónico! Unha revolución agrícola", da produtora británica Puddle Pictures, apreséntanos esta exitosa experiencia da mao das persoas que a fan posíbel.
Fonte: Consomes ou Devoras?










