Estás aquíSoberanía Alimentar en Somalia

Soberanía Alimentar en Somalia


A información que os medios de comunicación nos van ofrecendo sobre os secuestros de barcos atuneiros fronte ás costas de Somalia foi, pinga a pinga, matizándose. Aínda que se siga a falar de pirataría, explicouse como nesas augas moitos países desenvolvidos fomos deitando residuos tóxicos. Sabemos tamén que unha das razóns polas que se chega a esta situación foi a pesca ilegal, a pesca en augas territoriais somalíes, e sempre a uns ritmos e cantidades que deixan os caladoiros ao bordo do colapso. Entre os barcos responsabeis está a flota española que foi ademais altamente subvencionada pola Unión Europea para este, digamos, ecocidio. Por exemplo, o Alakrana, barco recentemente secuestrado, recibiu unha axuda para a súa construción de máis de catro millóns de euros.

Pero aínda hai un novo dado que engadir -e moi significativo- que demostra o terríbel dano que fai esta flota extractiva saqueando en territorios onde a pobreza e a fame están instaladas. Este último ano os pescadores locais de Kenia, ao sul de Somalia, chegan cada día a porto con capturas como había anos que non lembraban. Contan que voltan pescar atúns, barracudas ou raias xigantes porque a presenza dos “piratas” somalíes escorrentou e afastou mar adentro ás grandes factorías flotantes. Na pequena vila de Malendi un pescador pode estar a gañar máis de 200 € diarios, cincuenta veces máis do que o salario medio da poboación. Un salario máis que digno. Habemos de ter en conta que os grandes barcos nas súas capturas de atunes pescan tamén moitas outras especies que simplesmente descartan. Hoxe sen estes barcos, a pesca de atún e os “descartes” son fontes de ingresos e de proteínas para a poboación local. Tamén se beneficiou o sector da pesca deportiva onde as cámaras fotográficas volven encadrar grandes pezas antes de devolvelas ao mar.

Polo tanto, se en lugar de medidas de militarización dos buques españois se propuxese a prohibición da pesca industrializada no continente africano, poderíase por unha banda dedicar eses fundos en potenciar unha política europea e española a favor da pesca artesanal, local e sustentábel, que tanta falta fai, e por outro, contribuiriamos para o desenvolvemento dos pobos africanos con moita maior eficacia que con moitos programas de solidariedade. Respeitando, como debe ser, a propia soberanía alimentari africana.

Un vídeo, ondas de satisfacción: Pirates love fish

Gustavo Duch, VSF

Publicado en Palabre-ando

Etiquetas

Quen Somos

Financia

Web renovado e actualizado co apoio económico da cooperación galega

Quién está en línea

Actualmente hay 0 usuarios y 1 invitado en línea.