Estás aquíDeclaración de Quito sobre Reforma Agraria
Declaración de Quito sobre Reforma Agraria
Por unha Reforma Agraria Integral, xenuína e verdadeira que solucione a crise alimentar e a mudanza climática. Basta de Criminalización!
(Quito, 25 de outubro de 2009) Reunidos en Quito, Ecuador, representantes de países do mundo integrantes da Comisión Internacional de Reforma Agraria Integral, no marco da Campaña Global pola Reforma Agraria que impulsa a Vía Campesina, tras analizar a situación da Reforma Agraria, a defensa da terra e o territorio para mellorar as condicións de vida no campo, concluímos o seguinte.
A crise alimentar e a crise climática que estamos a afrontar son resultado da aplicación da tecnoloxía de revolución verde e as políticas de comercio na agricultura a nivel mundial. As solucións que promoven os gobernos non favorecen ás comunidades indíxenas e campesiños e traballadores agrícolas. A presión que se está a pór aos países tropicais para protexer os bosques como zonas verdes non contrarresta as emisións de carbono que emiten as industrias dos países do norte, non beneficia aos campesiños, porque ao final a solución é producir alimentos sans e suficientes para os nosos pobos.
A má distribución da terra e o proceso de reconcentración da mesma en mans de poucos, neste caso das corporacións transnacionais que implantan monocultivos de soia e eucalipto en Brasil, palma africana en Colombia e Indonesia, cana de azucre, piñon, hule. Estas corporacións contaminan os ríos e privatizan o aceso á auga que pon en perigo a vida das familias campesiñas. As corporacións están a mercar e invadir terra comunal e familiar que historicamente serviu para producir alimentos.
Por décadas, os campesiños e os pobos indíxenas do mundo estamos unidos para loitar pola reforma agraria para recuperar e defender os nosos territorios e fomos criminalizados pola nosa loita. Esta criminalización da loita e a represión, na que están involucrados a policía, o exército, a seguridade privada das empresas, tradúcense en asasinatos, persecución xudicial e un alto nivel de impunidade porque non se investiga, non se castiga aos responsabeis a pesar das denuncias e as probas que se teñen. Tal é o caso de Brasil, Indonesia, Honduras, Bangladesh, etc. En Guatemala, só neste mes de outubro asasinaron dous dirixentes comunitarios: Adolfo Ichich Chaman e Orlando Boror Set, así como ao advogado defensor dos pobos indíxenas, Fausto Otzin Poyon, quen foron asasinados por empresas mineiras transnacionais.
Logo dun longo proceso de loita dos movementos sociais, a FAO declarou a importancia da distribución da terra consignada na Conferencia Internacional sobre Reforma Agraria en Porto Alegre en 2006: Declaración oficial da Conferencia Internacional de Reforma Agraria e Desenvolvemento Rural.
Contodo, o seguimento a esta declaración foi moi lento ou nulo en moitos países, fóra de Honduras e República Dominicana, onde as organizacións atoparon apoio da FAO, os movementos sociais e gobernos para esta actividade. No resto de países, a mesma FAO e algúns gobernos non teñen a intención de implementar este acordo.
Demandamos:
- O cesamento imediato á represión da loita e a criminalización dos campesiños e os indíxenas que son os produtores dos alimentos do mundo.
- Investigación, captura e enxuizamiento dos responsabeis dos asasinatos de dirixentes campesiños e indíxenas. Cesamento á persecución xudicial e liberdade inmediata dos presos políticos.
- Demandamos que o seguimento á declaración da FAO sexa baseado nas propostas formuladas polas organizacións campesiñas e indíxenas.
- Reafirmamos a necesidade de implementar unha Reforma Agraria Integral como un elemento fundamental da Soberanía Alimentar.
- Chamamos á solidariedade internacional e aos pobos do mundo a estar atentos ao desenvolvimiento do proceso das loitas por unha reforma agraria integral.
Globalicemos a Loita…
Globalicemos a Esperanza…!!!!
Reforma Agraria
Pola Defensa da Terra e o Territorio!!!!
Publicado no web da Via Campesina










