Estás aquíA FAO publica o seu informe “O estado da inseguranza alimentar no mundo 2009?

A FAO publica o seu informe “O estado da inseguranza alimentar no mundo 2009?


A Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) vén de apresentar o seu informe “O estado da inseguranza alimentar no mundo 2009“. Trátase do décimo informe sobre a fame no mundo que fai a FAO desde o Cumio Mundial da Alimentación de 1996. O documento salienta o feito de que o número de persoas que padecen fame viña aumentando de forma lenta mais constante e que o inicio da crise incrementou de forma pronunciada estas cifras.

O obxectivo fixado en 1996 de reducir á metade antes de 2015 o número de persoas subnutridas, deixándoo por baixo dos 420 millóns, non se atinxirá se continúa esta tendencia. A FAO calcula que en 2009 son 1.020 millóns de persoas as que están subnutridas no mundo, a maior cifra desde 1970. E esta situación non é resultado da falta de alimentos, senón dos prezos destes e da redución do aceso a eles por parte das persoas empobrecidas.

 

Etiquetas

Quen Somos

Financia

Web renovado e actualizado co apoio económico da cooperación galega

Quién está en línea

Actualmente hay 0 usuarios y 1 invitado en línea.