Estás aquíDeclaración do I Acampamento Internacional da Mocidade Labrega e Indíxena da Vía Campesina
Declaración do I Acampamento Internacional da Mocidade Labrega e Indíxena da Vía Campesina
Nós, mulleres e homes, mozos campesiños representantes de 9 rexións do globo terráqueo (África 1, África 2, Europa, Caribe, Centro América, América do Norte, Sudamérica, Asia do Sul, Asia Sueste e Leste) de diferentes nacionalidades, comunidades, culturas, idiomas e relixións; reunímonos neste Acampamento Internacional da Mocidade de Vía Campesina na aldea Puy de Cinca, rexión de Aragón do Estado español, do 24 ao 30 setembro de 2009.
A xente nova da Vía Campesina aquí presente, analisamos a nosa situación no marco do contexto de discriminación, inxustizas e miserias que se frecuentan ao longo e ancho do planeta a causa do feudalismo, do capitalismo neoliberal e do neocolonialismo. Este sistema opresor está a impor unha agricultura corporativa, de mercantilización dos alimentos, para o puro lucro económico. Facendo que empioren as condicións sociais do campesiñado.
Repercute entón no incremento da expulsión de moz@s campesiñ@s á cidade ou a outros países co propósito de sobrevivir.
DENUNCIAMOS QUE:
- As políticas do capitalismo neoliberal afectan a vida e o benestar de campesiñ@s, pescadores tradicionais e produtoræs de alimentos en todo o mundo incluíndo a mocidade labrega e indíxena.
- O neocolonialismo impulsa a toma e compra ilexítima de terras, (polos países máis ricos e polas multinacionais), en países máis fracos e pobres ao redor do mundo. O que leva ao campesiñado, especialmente ao novo, ao éxodo rural e a migración a outros países.
- Grandes latifundios manteñen prácticas feudais, e negan o aceso á terra a campesiñ@s, traballadoræs rurais, desempregados, indíxenas e sen terra, submeténdoos a unha escravitude invisibel.
- Os Organismos e tratados Internacionais como o Banco Mundial, o Fondo Monetario Internacional, o Banco de Desenvolvemento Asiático, a Organización Mundial de Comercio, ASEAN CHARTER, impulsan políticas neoliberais e neocoloniais a favor dos países máis ricos e das Multinacionais.
- O impulso imperialista de control dos Estados-nación mediante a militarización, que xera desprazamento forzado de familias campesiñas e indíxenas
- A criminalización e a violencia cara aos movementos sociais, especialmente ás organizacións campesiñas.
- A rapina e contaminación dos bens naturais como terra, auga, bosques, fauna e ar, co fin de xerar beneficio só á oligarquía transnacional.
- Os Dereitos intelectuais entre os cais o máis importante é o patentado de sementes e da vida en xeral.
- A introdución de Organismos Xeneticamente Modificados, que están a desprazar a diversidade de especies a favor dunha monocultura que destrúe identidade, cultura, dereito e expulsa a poboacións campesiñas e indíxenas.
- O paquete tecnolóxico de produción imposto que cría un sistema de dependencia da transnacional e destrúe a biodiversidade.
- O uso de terras cultivabeis para producións non alimentares como a produción de agrocombustíbeis, papel, caucho.
A mocidade labrega e indíxena organizada na defensa da vida, somos unha realidade do presente que constrúe o futuro. A identidade da mocidade é a chave para o desenvolvemento da humanidade.
Por todo isto, demandamos:
- Políticas de dereitos campesiños e humanos que garantan o dereito fundamental á soberanía alimentar, criando un ambiente atractivo para que @s agricultores nov@s se mantéñan ou volvan á produción de alimentos sans e de calidade.
- Unha política agraria que recoñeza á agricultura como unha profesión digna, que asegura, mantén e recría a identidade campesiña, especialmente na mocidade.
- A reforma agraria integral baseada na biodiversidade, unha agricultura ecolóxica, sustentábel, orgánica e independente de paquetes tecnolóxicos agrícolas. Así eliminamos o uso de agrotóxicos e camiñamos cara a unha agricultura agroecolóxica.
- Impulsar a agricultura cooperativa para reforzar a vida campesiña e loitar en contra da explotación da agricultura corporativa capitalista.
- Deter inmediatamente os atropelos, desaloxos, represión e todo tipo violencia física ou psicolóxica montada contra a populación labrega, especialmente as mulleres.
- Deter a criminalización da protesta social, a persecución dos movementos campesiños indíxenas.
- O retorno á terra daqueles que foron expuls@s, desaloxad@s, e desprazad@s por forzas militares, paramilitares, transnacionais ou os propios Estados e asegurar os seus dereitos
- A eliminación de toda clase de discriminación por causa de xénero, opción sexual, raza, caste e relixión en todos os aspectos da vida e o traballo, incluíndo a agricultura.
Viva a Vía Campesina
Viva a revolución agraria
Viva a unidade da mocidade labrega
Globalicemos a loita, globalicemos a esperanza
Coordenación Interna:
- Implementación da Campaña “Mocidade Labrega en Luita pola Terra en Resistencia ao Neoliberalismo Transnacional”.
- Oficialización da Campaña Mundial de Mocidade Labrega na Conferencia de CLOC Outubro 2.010.
- Criazón do núcleo de coordenación interna mundial da Mocidade de Vía Campesiña con enfoque de Xénero.
- Reunión da Comisión da Mocidade Mundial de Vía Campesina en abril 2.010.
- Impulso da formación político-ideolóxica técnica dentro do movemento xuvenil de Vía Campesina.
Publicado no web da Via Campesina










