Estás aquíChamada da Via Campesina fronte ás transnacionais

Chamada da Via Campesina fronte ás transnacionais


As corporacións transnacionales son os nosos inimigos comúns, constitúen a forma actual do capital que exerce o control sobre as nosas economías.

Nas zonas rurais estamos a ver unha feroz ofensiva do capital e as transnacionais sobre a agricultura e os bens naturais, é unha guerra privatizadora de rapina contra campesiños e indíxenas, un roubo privatizador da terra, a biodiversidade, a auga, as sementes, a produción, o comercio agrícola.

Non se trata somente das transnacionais dos agronegocios, tamén estamos a falar das dedicadas ás extraccións mineiras, ao monocultivo de árbores, ás grandes represas, as que controlan os mercados de distribución, e en xeral, todas aquelas que involucran a expansión de industrias contaminantes que están a desputar e se apropiar da terra, a auga e o territorio.

No momento en que os pobos exercemos os nosos dereitos e resistimos esta rapina xeneralizado, ou cando somos obrigados a ingresar nos fluxos migratorios, a resposta foi criminalización, represión, presos políticos, asasinatos, muros da vergoña e mais bases militares.

É por isto que da Via Campesina chamamos a loitar contra as corporacións transnacionais en xeral e en particular contra Cargill, Monsanto, Nestle, Syngenta, Walmart, que ameazan directamente ás nosas comunidades campesiñas e indíxenas, é a rota de luita para os próximos anos, declaramos a guerra ás corporacións transnacionais.

Polo tanto, chamamos ás organizacións que integran o movimento campesiño internacional Via Campesina , aos nosos aliados e amigos, aos traballadores da cidade, aos cidadáns en xeral a que este 16 de Outubro enfoquemos o noso descontento e rexeitamento contra Monsanto e os transxénicos.

Con toda a criatividade de luita de que somos quen, fagamos ouvir o noso berro no mundo.

 

FÓRA MONSANTO, NON AOS TRANSXÉNICOS!

SOBERANIA ALIMENTAR XA!

GLOBALICEMOS A LUITA, GLOBALICEMOS A ESPERANZA!

 

Publicado no web da Via Campesina

 

Quen Somos

Financia

Web renovado e actualizado co apoio económico da cooperación galega

Quién está en línea

Actualmente hay 0 usuarios y 1 invitado en línea.