Estás aquíCiberacción: Pede transparencia nas decisións sobre transxénicos!

Ciberacción: Pede transparencia nas decisións sobre transxénicos!


Venres 4 de setembro celebrouse unha reunión entre altos cargos do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (MARM), a industria dos transxénicos e organizacións afíns a esta industria, para tomar decisións que afectan ao cultivo de OMG en España.

Amigos de la Tierra, COAG, Ecologistas en Acción e Greenpeace lamentan que esta reunión teña lugar sen a presenza de todos os colectivos implicados para establecer unha verdadeira análise e debate sobre a situación dos OMX en España e denuncian a falta de transparencia deste ministerio e do Grupo de Traballo de Organismos Modificados Xeneticamente (GTOMX) do Consello Asesor de Medio Ambiente (CAMA).

As anteriores reunións coa Dirección Xeral de Desenvolvemento Sustentábel do Medio Rural careceron de programa e non se trataron os temas concretos que ecoloxistas e agricultores levan anos a pór sobre a mesa. A pesar de o ter solicitado reiteradamente, xamais o Ministerio enviou aos grupos interesados a documentación científica e política para traballar en profundidade os asuntos de face ás reunións. Por iso, estas viraron sempre meras charlas nas que os altos cargos da Administración demostraron o seu absoluto descoñecimento sobre a realidade dos OMX e os riscos destes cultivos. Por estes motivos, ecoloxistas e agricultores pediron unha mudanza de modelo antes de seguir a investir tempo e recursos en infrutuosas reunións.

Nada mudou desde a época en que gobernaba o Partido Popular e seguen sen resposta os mesmos interrogantes sobre os Rexistros, a trazabilidade real, o seguimento da etiquetaxe, os planos de monitoreo, os estudos sobre o MON 810 ou a posición de España sobre as moratorias Europeas que deben ser debatidas entre outros temas.

Nestas condicións, as reunións non fan parte dun verdadeiro proceso de consulta pública e de transparencia. A xestión das decisións sobre OMX en España segue a estar en maos da industria e de responsábeis políticos sesgados, sen atender á postura de científicos independentes, sociedade civil, grupos ambientais e organizacións agrarias críticas.

Pede transparencia nas decisións sobre OMX!

Quen Somos

Financia

Web renovado e actualizado co apoio económico da cooperación galega

Quién está en línea

Actualmente hay 0 usuarios y 1 invitado en línea.