Estás aquíFame ao descuberto

Fame ao descuberto


A Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) introduciu o concepto de «fame oculta» para definir o déficit de vitaminas e minerais que moitas persoas padecen aínda comendo cada día. Ocorre -explica a FAO- que a súa dieta é repetitiva e moi limitada, o que provoca a falta dalgún micronutriente esencial como a vitamina A, ferro ou iodo.

Como lembra Silvia Ribeiro en La Jornada, xa hai tempo que se sabe que outro factor importante na aparición desta carencia foi e é a obstinación do aumento da produtividade da agricultura en base ás sementes híbridas, os fertilizante e os herbicidas. A chamada revolución verde que transformou a agricultura de moitos lugares. A máis esixencia en produtividade, menos valor nutritivo (e menos sabor) achegan os grans ou hortalizas cultivadas. Un argumento máis para contrarrestar o discurso dominante que aposta pola agricultura industrial e transxénica para alimentar ao mundo. Será un fame invisible, pero de causas evidentes.

Gustavo Duch, VSF

Publicado en El Periódico

Etiquetas

Quen Somos

Financia

Web renovado e actualizado co apoio económico da cooperación galega

Quién está en línea

Actualmente hay 0 usuarios y 1 invitado en línea.