Estás aquíCrise láctea: Apoio aos produtores en folga e chamada a accións
Crise láctea: Apoio aos produtores en folga e chamada a accións
A crise láctea na Unión Europea estase a agravar. A inercia e a ausencia de vontade política dos Gobernos e da Comisión Europea xeran a cólera e a desesperación dos produtores. Neste contexto, este xoves unha folga do leite foi lanzada na Franza, á iniciativa do European Milk Board.
A Coordenadora Europea Via Campesina sostén e sosterá ás/aos produtoræs de leite en folga.
- Chama ás organizacións campesiñas a bloquear as industrias lácteas, as fábricas de leite en po e os centros de armacenamento de leite en pó (para evitar que se crebe a folga).
- Chama aos consumidores a apoiar a reivindicación d@s produtoræs por un prezo do leite á produción que recoñeza o valor do seu traballo e por unha limitación das marxes entre a produción e o consumo.
- Chama aos contribuíntes a rexeitar que o orzamento da UE sirva para exportar produtos lácteos a prezos por baixo dos custos de produción (dumping), que arruínan a produción leiteira local nos países do Sul.
A má política leiteira é responsábel da situación de superproducción: é necesario mudala, como nós o propuxemos estes últimos meses. Primeiro hai que reducir a produción cunha porcentaxe que permita equilibrar o mercado e prezos á produción máis altos. Trátase de facelo proporcionalmente ao volume de produción por activo da explotación, sen redución por parte dos pequenos produtores.
Tamén cumpre lanzar un debate europeu sobre os métodos de produción leiteira. Estamos a algúns meses da conferencia climática de Copenhague e a UE xa non pode defender un modelo de produción intensivo baseado na importación de soia de América Latina, transformada nun excedente de manteiga e de leite en pó. Esta dependencia non somente causa que a UE sexa moi vulnerábel a nivel estratéxico, senón que tamén provoca danos ambientais e sociais tanto en América Latina como en Europa.
A UE non ten o direito de apostar pola resignación d@s produtoræs. Pode, debe solucionar rapidamente esta grave crise. Debe mudar a política leiteira para obter a lexitimidade económica, social, ambiental, e internacional necesarias para enfrontar os retos imensos que nos esperan
Publicado no web da Coordenadora Europea Via Campesina










