Estás aquí10 de Setembro: Días das luitas labregas contra a OMC
10 de Setembro: Días das luitas labregas contra a OMC
Hoxe celebramos o 10 de setembro, día internacional das loitas campesiñas contra a OMC. Cada ano, con ocasión desta data, rememoramos o 10 de setembro do 2003 e a nosa mobilización contra a OMC en Cancún.
Para as campesiñas e campesiños do mundo, a loita contra a OMC é unha loita pola vida. En efecto, canto máis avanza a aplanadora da liberalización, maior é o número de campesiños que desaparecen. No 2003, os campesiños coreanos facían parte daquelas persoas ás que as políticas neoliberais golpeaban máis duramente. Baixo a presión da forte competencia das importacións a baixos prezos, moitos produtores víronse na imposibilidade de vender as súas propias colleitas. O señor Lee Kyung Hae, facía parte destes campesiños a quen o comercio internacional nega o dereito de vivir dignamente do seu oficio. En Cancún, Lee escalou a reixa enfronte da OMC, cun cartel sobre o cal estaba escrito : «A OMC mata aos campesiños!» Algúns instantes despois, vimos sangue que brotaba do seu peito. Lee sacrificouse para recordar aos grandes que deciden sobre o planeta as súas correspondentes responsabilides fronte á desaparición das economías campesiñas no mundo.
Seis anos máis tarde, a pesar da súa morte, nada mudou.
No 2009, os campesiños coreanos viven con pavor a apertura programada do mercado de arroz e o esborralle do mercado deste cereal. Este ano, coa ocasión da celebración do 10 de setembro, e en memoria de Lee, o campesiñado coreano se mobilizará masivamente tras o slogan : «Non á OMC, preservemos o prezo do arroz!»
Preservar un prezo remunerador é extremadamente dificil, posto que cada vez máis, as multinacionais controlan o conxunto da cadea alimentar, da produción até a comercialización. Posuidoras das reservas mundiais, especulan sobre os prezos dos produtos agrícolas. Os prezos dispáranse no seu beneficio, en detrimento dos consumidores máis pobres, novas victimas das políticas neoliberais da OMC que favorizan ditas multinacionais. Os campesiños suicídanse e as persoas morren de fame posto que non poden comprar máis os alimentos. As consecuencias do libre comercio predicado pola OMC e polos acordos bilaterais son completamente intolerábeis!!
A isto sómanse os impactos ecolóxicos da liberalización. Canto máis sexan mercantilizadas, liberalizadas e comercializadas a natureza, a agricultura e a alimentación, nos catro puntos cardinais do planeta, maiores serán as emisións de gas con efecto invernadoiro. Unha institución como a OMC así como os acordos bilaterais de libre comercio son os verdadeiros perigos para a humanidade e para o planeta mesmo.
Este ano, para Vía Campesina, a comemoración da memoria de Lee comezou desde o 3 de setembro co encontro organizado fronte á iniciativa do goberno de India que pretende relanzar a rolda de Doha. Máis de 50.000 manifestantes déronse cita nas rúas de Nova Deli. Reforzados con esta mobilización, manteremos este espírito de loita nos meses por vir.
Facemos un chamado a todas as persoas que nos apoian para que nos xuntemos e organicemos accións que denuncien a brutalidade do control da economía levada a cabo polas multinacionais. Haberá un bon número de ocasións que se nos presentan nos seguintes meses para esixir por parte dos nosos dirixentes compromisos máis concretos a favor da soberanía alimentar.
- O próximo 16 de outubro, A Vía Campesina tomará parte e organizará accións contra a multinacional Monsanto que continua a acaparar as terras e as sementes que son patrimonio da humanidade (para máis información ver: http://www.combat-monsanto.co.uk/). En México, berce de milleiros de variedades de millo, e onde logo de marzo do 2008, unha lei autoriza o cultivo de millo transxénico, sucederanse accións en todo o país e organizarase un foro internacional. Non dubide en comunicarnos con anterioridade calquera proxecto de acción contra Monsanto a : viacampesina [at] viacampesina.org de maneira que podamos facer eco das súas iniciativas.
- Do 16 ao 18 de novembro, A Vía Campesina estará presente cunha gran delegación no Cume Mundial da FAO sobre a Seguranza Alimentar en Roma. Este cume de xefes de Estado revélase dunha importancia crucial posto que adoptará moi probabelmente as regras de funcionamento da nova gobernancia mundial fronte ás cuestións relativas á agricultura e á alimentación. Antes do Cume, do 13 ao 17 de novembro, o Comité Internacional de Planificación pola Soberanía Alimentar (CIP), baixo a responsabilidade dun Comité de Pilotaxe, organizará un Foro Paralelo para as Organizacións da Sociedade Civil. Este Foro contará con espazos específicos para as mulleres, os mozos e os pobos autóctonos, co fin de debater as diferentes estratexias relativas á soberanía alimentar. Este foro culminará un día antes do fin do Cume a fin que as solucións propostas pola sociedade civil para saír da crise sexan presentadas ante os xefes de Estado. (Para maior información sobre o foro paralelo : foodsovforum2009 [at] gmail.com)
- Do 30 de novembro ao 2 de decembro, levará a cabo en Xenebra, a Sétima Conferencia Ministerial da OMC. A Vía Campesina contou cunha presenza forte e determinada en Seattle, Cancún e Hong Kong. Este ano estaremos tamén presentes en Xenebra. Certamente, dada a debilidade actual da OMC, e a renovación ao seo de varias delegacións, haberá poucas opcións de que a 7ª Conferencia produza avances determinantes. Esta conferencia foi entre outras, presentada oficialmente como un encontro de avaliación xeral do sistema comercial multilateral e non como unha sesión de negociación. Pero, á vez que se fala disto, o G20, India e o director da OMC multiplican todas as iniciativas posíbeis de encontros para tratar de lograr exitosamente no 2010 un ciclo de Doha agora agonizante. Ao longo dos meses por vir e até a conferencia de finais de novembro, as organizacións campesiñas da Vía Campesina van manter a presión sobre os seus gobernos. En India, por exemplo, logo da reunión de Nova Deli e das declaracións do ministro indio, o traballo de mobilización contra a OMC e os acordos bilaterais de libre comercio prosegue ao longo e ancho do país. En Estados Unidos de igual forma, as organizacións da Vía Campesina América do Norte, preparan accións contra a reunión do G20, prevista en Pittsburgh, do 23 ao 25 de setembro próximos.
- Do 7 ao 18 de decembro terá lugar en Copenhague a Convención Marco da Nacións Unidas sobre Mudanza Climática (COP 15). Co obxectivo de vincular Xenebra a Copenhague, a rede Climate Justice Action, baixo o apoio á súa vez de numerosas redes, organiza unha caravana na que participará A Vía Campesina. Polo momento se preveen dúas rotas con etapas na Franza, Bélxica e Alemaña. Poden apoiar esta iniciativa participando na recepción das diferentes etapas (máis información en havaria [at] gmx.de ou elviejo [at] greenmail.ch). En Copenhague, A Vía Campesina participará con todos os outros movementos sociais na grande marcha programada para o 12 de decembro. Organizaremos accións campesiñas o 13 de decembro e participaremos tamén na xornada especial de accións sobre a agricultura, prevista para o 15 de decembro. Por outra banda, temos xa reservado algúns obradoiros sobre soberanía alimentar e coorganizaremos un foro coa Marcha Mundial das Mulleres, Friends of the Earth e a Global Forest Coalition. Os e as mozas de Reclaim the Fields estará igualmente presentes e activos ao longo de toda a reunión da COP 15 (máis información en: www.reclaimthefields.org)
Calquera que sexa a ocasión, Unéte ás nosas mobilizacións! Comunícanos as túas accións e envíanos fotos e vídeos a: viacampesina [at] viacampesina.org.
Todas e todos xuntos, globalicemos a luita, globalicemos a esperanza!
Publicado no web da Via Campesina










