Estás aquíLeite: Via Campesina propón solucións para a crise global

Leite: Via Campesina propón solucións para a crise global


O prezo do leite para o produtor directo caiu drasticamente en todo o mundo [1], ameazando a millóns de produtores con deixalos fóra do mercado. En consecuencia, os produtores de leite alzáronse nunha protesta global. Desde o comezo do ano, miles de membros das organizacións da Vía Campesina sumáronse a estes protestos en Bruxelas e Estrasburgo, en Madrid, Berlín, Galiza, Franza, Bélxica, Alemaña, Portugal, Suíza, Indonesia, República Dominicana e ao longo de Estados Unidos.

Aínda que só unha pequena parte do leite producido no mundo se comercializa a nivel internacional, a “liberalización” deste mercado levou a todos e todas os/as produtores de leite a depender dos prezos nos mercados mundiais. A OMC enfronta entre si a todos os produtores de leite do planeta nunha carreira ao mais baixo xa que as grandes compañías de comida procesada como Nestlé, Fonterra, Kraft… se benefícian do aceso ao leite barato. O prezo do leite está principalmente influído polo baixo custo de produción nos grandes países exportadores como Nova Zelandia e Australia, e polo dumping da sobreprodución de EUA e Europa no mercado mundial. Aínda así, no canto de reducir a produción leiteira, a UE e EUA reactivaron recentemente as axudas para a exportación, forzando uns prezos para o leite internacional aínda mais baixos.

En calquera lugar do mundo, hoxe en día, os prezos do leite son moi baixos como para que as produtoras e os produtores gañen a vida decentemente. Esta situación tampouco beneficia ás consumidoras e os consumidores, xa que o prezo do leite nos supermercados se mantivo alto desde que subiu durante a crise alimentar en 2007/08. Deste xeito, tanto a industria do leite como as grandes superficies de distribución están a amasar unha fortuna a expensas dos produtores e dos consumidores.

A Unión Europea decidiu liberalizar aínda máis o mercado lácteo marcando unha data límite en 2015 para o seu sistema de xestión de produción (cotas), e incrementando estas cotas nun 1% anual ata o 2015. Esta política leva aos produtores de leite, homes e mulleres, a unha situación de crise sen precedentes que podería concluír nun desastre social e ambiental.

Nos Estados Unidos, os promodores do libre comercio e as compañías de produtos lácteos procesados continúan a esixir unha maior des-regularización do mercado do leite e acentúan a necesidade de “ser globalmente competitivos e estar orientados á exportación”. O prezo do leite está maiormente determinado polo prezo do queixo na Bolsa de Valores de Chicago (CME, Chicago Mercantile Exchange), o cal é susceptíbel de manipulación por parte dunhas poucas entidades corporativas. En decembro de 2008, Dairy Farmers of America (DFA), a maior cooperativa de produtos lácteos do país, foi multada con 12 millóns de dólares por manipulación dos prezos na CME. A DFA foi tamén investigada durante dous anos polo Goberno dos EUA por abusos contra a libre competencia ao monopolizar o mercado e forzar aos produtores de leite a se asociar á súa cooperativa, xa que en moitas partes do país, as poductoras e os produtores non teñen mais opcións que vender o seu leite á DFA.

Grazas ao bucle comercial criado pola OMC, os produtores de leite dos EUA foron tamén prexudicados polo dumping de concentrados de proteína de orixe láctea estranxeiros, especialmente procedente de Nova Zelandia. Estes produtos desprazaron aos produtores de leite norteamericanos abaratando os prezos dos produtos para o consumidor.

O acordo da OMC de 1994 e as condicións para o crédito por parte do FMI, forzaron aos gobernos a desregular o mercado do leite. Salvo nalgúns países como Canadá, todos os sistemas de xestión de produción desapareceron.

O leite é un produto fresco e nutritivo que outorga valor comercial a millóns de hectareas de pastos no mundo, promovendo o desenvolvimento e o emprego rural a condición de que a súa produción estexa en maos de moitas granxas familiares sustentábeis. No entanto, como resultado da liberalización do mercado, a produción leiteira industrial reemprazou principlamente todas as pequenas granxas produtoras de leite. Isto tivo consecuencias devastadoras: a produción industrial é dependente de custosos insumos (pensos e fariñas alimentares, enerxía…), contamina o ambiente (resíduos orgánicos, metano, transporte do alimento…), e leva ao desastre social (desaparición das produtoras de leite familiares, empregos de baixa calidade nas produtoras industriais…).

En xaneiro de 2009 o Sindicato de Agricultores de Indonesia (SPI polas súas siglas en inglés) esixiu ao goberno que protexese aos produtores de leite locais de chegar á quebra completa. A compañía transnacional Nestle, primeiro compradora de leite do país, comezou a reducir o prezo de compra nas granxas aínda que o prezo de venda ao consumidor dos produtos lácteos alcanzaron un prezo excepcionalmente alto. Todas as grandes compañías procesadoras de leite seguíronlle os pasos. Isto pareceu ser o ultimo golpe para a industria láctea doméstica, que viña sendo atacada durante os últimos 25 anos de desregularización. En 1983, baixo a regulación do FMI, o Goberno anulou a lei que obrigaba ás empresas que operaban en Indonesia a comprar unha certa porcentaxe do leite usado nos seus produtos á marxe do leite que importasen doutros países terceiros. En 2003, o Goberno de Indonesia, foi mais alá reducindo os aranceis do leite importado dun 5% a un 0%. Como resultado, hoxe, o 70% do leite consumido en Indonesia provén de Nova Zelandia e Australia, e en consecuencia, as produtoras e os produtores preguntan se serán capaces de se manter no mercado.

Vía Campesina insta aos gobernos a actuar para solucionar a crise urxentemente:

  • Manter e desenvolver unha produción leiteira sustentábel baseada nos campesiños en todas as rexións leiteiras, a cal estará baseada nos pastos e forraxes locais;
  • (Re)introducir os sistemas de xestión da produción públicas para manter a oferta en equilibrio coa demanda, e conseguir así prezos xustos tanto para os produtores como para os consumidores;
  • Os prezos de compra ao produtor han de cubrir os custos da produción, incluíndo o custo do traballo xustamente remunerado;
  • Deter a obriga imposta pola OMC de importar un mínimo do 5% dos produtos lácteos;
  • Prohibir calquera subsidio á exportación e permitir que todos os países e unións conveñan tarifas ou impostos para protexer a súa propia produción de leite.
  • Manter altos estándares na identificación dos produtos lácteos para garantir a integridade da definición de “leite” e para previr o dumping con produtos sustitutivos do leite de peor cualidade.

[1] En Europa, o prezo do leite caiu un 30% desde o final de 2007, máis baixos aínda que os prezos mínimos de 2006.

Publicado no web da Vía Campesina

Etiquetas

Quen Somos

Financia

Web renovado e actualizado co apoio económico da cooperación galega

Quién está en línea

Actualmente hay 0 usuarios y 1 invitado en línea.