Estás aquíReclamemos os Campos: Campamento Europeu para Cultivar Alternativas

Reclamemos os Campos: Campamento Europeu para Cultivar Alternativas


30 de Setembro- 4 de Outubro 2009, en Minerve (Franza)

Nós, moz@s da Coordenación Europea da Vía Campesina estamos a organizar un campamento europeu para xuntar moz@s que se queran establecer no campo, que xa sexan campesiños ou campesiñas, campesiños e campesiñas sen terra e/ou quen queiran recuperar a soberanía alimentar.

A crise global na agricultura, o clima, a enerxía, a biodiversidade e na sociedade en xeral está a ter un impacto tremendo sobre miles de millóns de vidas. Esta crise está estreitamente relacionada coa substitución da pequena agricultura por formas industriais de produción e consumo. Tal e como moitos miles de millóns foron dado aos bancos durante o ano pasado, o apoio dos gobernos para políticas neoliberais continúan aniquilando a pequena agricultura e aos e as campesiñas en todo o mundo. Estas políticas destrúen as formas de vivir que demostraron un enlace harmonioso entre seres humanos e o ambiente. En Europa estas forzas están levando á pequena agricultura e aos e as campesiñas ao bordo da extinción, facendo difícil que o campesinado sobreviva e que xente nova poda empezar a traballar a terra como campesiños e campesiñas.

Queremos ser campesiños e campesiñas para voltar controlar as nosas vidas e practicar os nosos valores. Cultivando, demostramos o noso compromiso coa nosa terra, o ambiente e xente -sexa no noso barrio ou noutros países afastados, cos que compartimos a vida neste planeta. Desta forma estamos axudando a asegurar un futuro para as próximas xeracións. Podemos pór final a este proceso devastador se reforzamos a posición de mozos campesiños e campesiñas, relocalizando a economía e sendo criativos para criar un campo europeu forte e sustentábel. O futuro de Europa só é posible se hai moitos e novos mozos campesiños e campesiñas!

Hai moitas loitas que temos que fortalecer: o aceso á terra, prezos xustos na agricultura, o recoñecimento social dos e as campesiñas, políticas agrícolas xustas, e as loitas contra a dominación do modelo de agricultura industrial. Queremos xuntarnos para fortalecernos e facer posíbel que os que queran ser campesiños podan selo.

O campamento está aberto a moz@s campesiñ@s e todos aqueles interesados a selo. Serán moi benvidos a vir e intercambiar as súas experiencias e inspirarse polas dos demais. Haberá unha variedade grande de talleres prácticos, políticos e teóricos sobre o aceso á terra, hortas urbanas, políticas agrícolas, agroecoloxía, alianzas entre consumidores e produtores e máis. Tamén poden contribuír cun tema para o seu propio obradoiro! Por favor comuníquenos o tema se teñen unha proposta de obradoiro, enchendo o sitio web e enviándonolo antes do 15 de Setembro.

O campamento terá lugar nunha granxa colectiva no Sul da Franza. Será organizado coa axuda de todos os e as que participen. Haberá unha asemblea diaria para organizar a vida na comunidade do campamento -desde a cociña colectiva e a limpeza ata a organización de actividades e noticias. Pedirémoslles unha pequena contribución para as comidas e o aloxamento.

Para máis información por favor visiten a nosa páxina web: www.reclaimthefields.org
Se queren máis información ou queren involucrarse máis, por favor contactar: camp2009 (en) reclaimthefields.org

Quen Somos

Financia

Web renovado e actualizado co apoio económico da cooperación galega

Quién está en línea

Actualmente hay 0 usuarios y 1 invitado en línea.