Estás aquíOs prezos dos alimentos permanecen mui altos en muitos países
Os prezos dos alimentos permanecen mui altos en muitos países
Os prezos dos alimentos permanecen elevados a nível doméstico nos países en desenvolvimento a pesar dun forte descenso a nível internacional e as boas colleitas xeneralizadas, alertou a FAO no seu último informe sobre Perspectivas de colleitas e situación alimentar.
En diversos países, os prezos superan os niveis xa altos de hai un ano, ou se atopan aínda en níveis marca, criando dificuldades a millóns de persoas.
En África subsahariana, entre o 80 e o 90 por cento de todos os prezos de cereais examinados pola FAO en 27 países permanecen nunha percentaxe superior ao 25 por cento por riba de antes da crise xerada hai dous anos polo forte alza dos prezos.
En Asia e a rexión de Latinoamérica e o Caribe os prezos contrólanse nun total de 31 países, e entre o 40 e o 80 por cento destes prezos permanecen igualmente por riba do 25 por cento máis altos que no período pre-crise alimentar, segundo dados da FAO.
“A situación dos altos prezos alimentares continúa a xerar preocupación sobre a seguridade alimentar da poboación vulnerábel tanto no medio urbano como no rural, xa que estes grupos dedican unha parte importante dos seus ingresos a mercar alimentos”, segundo indica o informe.
En África oriental, en Sudán, os prezos do sorgo en xuño triplicáronse con respeito a hai dous anos. En Uganda, Kenya e Etiopía os prezos do millo dobráronse no mesmo período. En África meridional os prezos do millo descenderon nos últimos meses debido á colleita marca, pero seguen a estar por riba do nivel anterior á crise. En África occidental os prezos baixaron a finais de 2008 tras a boa colleita de cereais, pero se incrementaron de novo en 2009. En Ghana, o prezo do millo na capital, Accra, máis que se duplicou desde xuño de 2007.
As causas destes niveis elevados de prezos varían, segundo o informe, e inclúen as colleitas escasas, maiores importacións ou o atraso en realizalas, conflitos civís, a forte demanda nos países veciños e os fluxos comerciais rexionais, a depreciación da moeda nacional, mudanzas nas políticas alimentares e comerciais, aumento dos ingresos e da demanda, dificuldades para o transporte e prezos máis elevados do mesmo.
A subministración mundial de cereais, nun nivel satisfactorio
A previsión para a subministración e a demanda mundial de cereais é satisfactoria, a pesar dun descenso estimado do 3 por cento na produción mundial en 2009 respeito ao nivel marca de 2008, segundo a FAO. A produción mundial de cereais prevista para 2009 sitúase en 2.208 millóns de toneladas, un 3,4 por cento por baixo respeito á colleita marca do ano pasado, pero a segunda maior colleita xamais alcanzada. As reducións afectarán ao trigo e os cereais secundarios.
Nos países de baixos ingresos e déficit de alimentos (coñecidos como PBIDA), as perspectivas para a colleita de cereais en 2009 son en xeral favorábeis, e prevese que a produción agregada aumente por segundo ano consecutivo. Con todo, a previsión é incerta para algunhas zonas de África occidental e oriental, así como en Asia, reflexo dun comezo irregular da tempada de choivas.
30 países en crise
A pesar dunha perspectiva favorábel para a subministración mundial de cereais, 30 países no mundo atópanse en situación de crise e necesitan axuda como resultado de catástrofes naturais, conflitos ou inseguridade e problemas económicos.
A FAO convocou na súa sede central de Roma un Cume Mundial sobre a Alimentación, que terá lugar entre os próximos 16 ao 18 de novembro co obxectivo de alcanzar un amplo consenso sobre a erradicación da fame, a mellor gobernanza do sistema agrícola internacional e as políticas e programas para garantir a seguranza alimentar mundial.
Fonte: FAO










