Estás aquíManifesto de Bagua
Manifesto de Bagua
As institucións abaixo asinantes queremos denunciar os feitos acaecidos en Perú o pasado 5 de xuño, en que se produciron decenas de mortos e feridos, entre indíxenas e policía, durante o desaloxo por parte de forzas especiais da Policía Nacional (DINOES), das posicións que os indíxenas ocupaban en Bagua, departamento do Amazonas.
Os pobos indíxenas da Amazonía peruana mobilizáronse para defender os seus territorios ancestrais, ocupados nas zonas alta e baixa da Amazonía. Actualmente, estes territorios atópanse afectados pola crecente e irracional explotación de recursos como o ouro, a madeira, o petróleo e o gas que leva a cabo sen respeito polas decenas de pobos indíxenas que manteñen unha das maiores diversidades culturais do planeta. Moitas destas explotacións corresponden a áreas entregadas en concesión polo goberno peruano a empresas transnacionais que se impón nos territorios indíxenas, ignorando os dereitos das comunidades nativas.
Como xa sostiveron os Bispos da Amazonía, o 5 de maio pasado: “en nome dun conceito de desenvolvemento distorcido, o Estado permete a deforestación de grandes extensións de bosques primarios a favor de empresas nacionais e transnacionais para investir en plantacións de palma, cana de azucre e outras. Para ninguén é descoñecida a contaminación dos ríos polo chumbo e outros metais pesados así como sustancias tóxicas como efecto dunha actividade mineira (formal ou informal) e a extracción de petróleo, de forma irresponsable. Somos testemuños, ademais, da tala de árbores indiscriminada e sen ningún tipo de control”.
Mediante os decretos lexislativos que o goberno ditou aproveitando inconstitucionalmente as faculdades que lle foron concedidas para implementar o TLC pactado cos EUA, o Estado peruano pretende deixar que as transnacionais actúen impunemente nos territorios indíxenas. Estes decretos vulneran os dereitos defendidos polos pobos indíxenas recoñecidos en Pactos, Convencións e Convenios con carácter vinculante e exixible que, Perú, ao ratificalos, se comprometeu a honrar e que comprometen a súa responsabilidade fronte á comunidade internacional.
Quen subscribimos este documento repudiamos estes feitos e exhortamos ao Goberno do Perú a que suspenda de forma inmediata o estado de sitio e a que cese a violencia contra a poboación na Amazonía, a garantir a non desaparición de corpos dos indíxenas mortos e a que se poña en marcha unha comisión independente verificadora dos sucesos. Pedimos que retire os decretos que deron lugar a esta situación (Decretos Lexislativos 1.064, 1.089, 1.090 e 995). Invocamos ao Goberno peruano a cesar as agresións que levou a cabo sistematicamente contra AIDESEP (Asociación Interétnica de Desenvolvemento da Selva Peruana) e contra os seus dirixentes durante estas semanas, así como a abrir un espazo de diálogo respeitoso e xenuíno con esta organización, considerando os intereses lexítimos que representa.
Tal e como expresou o Foro Permanente para as Cuestións Indíxenas da ONU, a través da súa presidenta, Vitoria Tauli Corpuz, recordamos ao Goberno peruano a obrigación que ten de consultar e respeitar os dereitos dos pobos indíxenas, tal e como establecen os compromisos asumidos no Convenio 169 da OIT, e garantir o pleno respecto ao exercicio do seu dereito ao consentimento libre, previo e informado sobre todo aquilo que afecte ás súas terras tradicionais, territorios e recursos.
Facemos un chamamento á comunidade internacional para se mobilizar e impedir que leve a cabo un xenocidio na Amazonía e que se salvagarde o dereito dos pobos indíxenas á súa libre determinación, tal e como establece a Declaración sobre o Dereito dos Pobos Indíxenas de Nacións Unidas.
Entidades Adheridas
ABC
Acsud - Las Segovias, País Valencià
Acsur - Las Segovias, Madrid
ACVC - Colombia
Ali Supay
ALMACIGA Grupo de Trabajo Intercultural
alterNativa Intercanvi amb Pobles Indígenes
Asamblea Boliviariana de Catalunya
Asociacion Catalana-Paraguaya de jóvenes CAT-PAR Jove
Asociación Centro Boliviano Catalán
Asociación Cultural Iberoamericana SCORZA
Asociación de Residentes Peruanos de Vitoria
Asociación de Uruguayos en Catalunya
Asociación Kichwas Andina
Asociación Nuevos Colectivos
Asociación Paz con Dignidad
Asociación Som.Cat
Assemblea de Resistència Activa de 9barris (Ara 9barris)
Associació Catalana d’Enginyers sense Fronteres
Associació Món Comunicaicó amb Visió de Gènere
Casal Argentí a Barcelona
Central de los trabajadores de la Argentina - Barcelona (CTA)
Centre d’Estudis Amazònics - CEAM
Centro Boliviano Catalán
Colectivo Maloka
Colectivo Prometeo de Córdoba
Col·lectiu Autònom de Treballadors i Treballadores-València
Comitè de Solidaritat amb els Pobles Indígenes d´Amèrica
Coordinadora de Inmigrantes y Refugiados de Álava
Corrent Roig
CTA
DonesxDones
Ecologistas en Acción-Ecologistes en Accio
Ecuador Llactacaru
EDPAC
El Salvador
En lluita
Entrepueblos/Entrepobles/ Entrepobos/ Herriarte
Esquerra Unida i Alternativa
FISC - Fundación Internacional de Solidaridad Compañía de Maria
Fòrum Ciutadà de Ciutadella de Menorca
Fundación Paz y Solidaridad Euskadi- Bakea eta Elkartasuna
Grup d’investigació en Drets Humans i Sostenibilitat (GIDHS)
Iniciativa per Catalunya - Verds (ICV)
Institut de Drets Humans de Catalunya
Instituto Hegoa
InteRed Catalunya
Intersindical-CSC
Izquierda Alternativa
Latinoamérica 21
Lliga dels Drets dels Pobles
Marxa Mundial Dones
MINKA -CENTRO DE PROMOCIÓN Y SOLIDARIDAD
Mugarik Gabe
Nómadas del siglo XXI
Nuevo Perú
Organizaciòn Femenina Popular de Colombia
Papers per Tothom
Partit dels i les Comunistes de Catalunya (PCC)
Paz con Dignidad - Euskadi
Paz y Solidaridad (Euskadi)
PSUC - Viu
Qui deu a qui
Repsol Mata
RETS
Revista “En defensa del marxismo”
Revolta Global - Esquerra Alternativa
Revolta Mondial
Rubí Solidari
Sayariy Urus Bolivia
SICOM, solidaritat i comunicació
Survival International
Veterinarios Sin Fronteras
Xarxa de l’Observatori del Deute en la Globalització
O Manifesto será enviado ás seguintes persoas e institucións:
• Medios de comunicación
• Presidente de Perú
• Yehude Simon Munaro, Presidente del Consejo de Ministros de Perú
• Rafael Vásquez Rodríguez, Presidente del Congreso de Perú
• Defensora del Pueblo, Perú
• Consulado de Perú no Estado español
• Relator da ONU sobre a situación dos direitos humanos e liberdades fundamentais dos indíxenas
• Foro Permanente para as cuestións indíxenas da ONU
• Grupo de Traballo da ONU sobre as desaparicións forzosas
• Relatoría da CIDH sobre os direitos dos pobos indíxenas
• Oficina do Alto Comisionado para os Direitos Humanos, ONU
• Programa Pro 169, Organización Internacional do Traballo
• Mecanismo de Expertos sobre os direitos dos pobos indíxenas, Consello de Direitos Humanos, ONU
• Asociación Interétnica de Desarrollo de la Selva Peruana, AIDESEP
Adhesións ao Manifesto até o día 11 de Xuño ás 12:00 h enviando un correo-e a: inscripcions(a)alternativa-ong.org










