Estás aquíSolidariedade co(a)s indíxenas amazónic@s do Perú

Solidariedade co(a)s indíxenas amazónic@s do Perú


Os homes e as mulleres, campesiñas e campesiños membros da Vía Campesina de Asia, Europa, Africa e América manifestámonos indignados, e ofendidos ante o masacre cometido contra os irmáns indíxenas de Bagua no norte do Perú, no día 5 de Xuño, Día Mundial do Ambiente. Condenamos e rexeitamos este xenocidio cometido contra aqueles que loitan polos seus territorios, recursos naturais, a súa autonomía, cultura e identidade.

Condenamos e rexeitamos as políticas imperialistas de marxinación, opresión e destrución dos nosos pobos orixinarios, que se impón en Perú, América e outras partes do mundo.

Condenamos o uso desmedido das armas e as leis que violan os máis elementais dereitos humanos causando desolación e morte.

Solidarizámonos coas familias e organizacións dos nosos irmáns indíxenas sacrificados do Perú.

Ratificamos o noso compromiso pola unidade dos pobos das Américas e o mundo.

Continuaremos loitando pola xustiza, a vida e a igualdade.

Continuaremos loitando pola nosa terra e territorios

Globalicemos a loita!
Globalicemos a esperanza!

Vía Campesina

Etiquetas

Quen Somos

Financia

Web renovado e actualizado co apoio económico da cooperación galega

Quién está en línea

Actualmente hay 0 usuarios y 1 invitado en línea.