Estás aquíAvanza a FAO cara a un compromiso real co campesiñado?

Avanza a FAO cara a un compromiso real co campesiñado?


Logo de catro días de difíceis negociacións entre 121 gobernos na reunión do Tratado da FAO sobre Recursos Fitoxenéticos para a Alimentación e a Agricultura que tivo lugar en Tunisia, representantes da sociedade civil derrotaron o intento de Canadá de bloquear as negociacións que favorecen aos agricultores. A media noite do xoves, Brasil leu ante un canso plenario unha resolución sobre os dereitos dos agricultores que mudou por alivio e entusiasmo a tensión prevaleciente entre os delegados.

Logo das negociacións nos corredores, onde Europa, América Latina e África enfrontaron os esforzos de Canadá por descarrilar o mandato a exercer os Dereitos dos Agricultores, os gobernos acordaro:

  • Impulsar aos países membro a que revisen todas as medidas que afectan os dereitos dos agricultores e removan calquera barreira que evite que garden, intercambien ou vendan sementes;
  • Involucralos de cheo en talleres nacionais ou rexionais sobre os seus dereitos e informar sobre os resultados diso na próxima reunión do tratado de sementes, que ocorrerá en 18 meses.

A resolución do plenario rompeu coas prácticas convencionais na ONU ao chamar ao total involucramento das organizacións de agricultores en cada aspecto do Tratado. Angola, Brasil, Ecuador, Holanda, Noruega e Suíza merecen recoñecemento especial por colocar en primeiro lugar o papel crucial dos campesiños na conservación e mellora dos recursos xenéticos das plantas. O campesiño hondureño Don Luís Pacheco resumiu a importancia do Tratado: “conservar as nosas variedades, a nosa diversidade, é esencial para que podamos axustar a agricultura ante a ameaza do cambio climático. Se non nos pomos de acordo nesta reunión para que o sistema que protexe as sementes no mundo funcione, a próxima reunión que se fará en Copenhague sobre cambio climático, ao fin deste ano, non servirá para nada”.

Como o expresou Wilhemina Pelegrina, directora executiva de SEARICE -organización da sociedade civil que durante moito tempo dedicouse á defensa dos dereitos dos agricultores, e que seguiu de cerca as negociacións- “aínda que quedou curta en compromisos firmes e depende do financiamiento, a resolución adoptada é un grande paso cara a adiante nas décadas de loita polo recoñecemento e a instrumentación dos dereitos dos agricultores na FAO”.

Durante esta terceira reunión do organismo gobernante do Tratado foron cruciais no fortalecemento do compromiso cos dereitos dos agricultores as varias intervencións de representantes de organizacións, como os de Vía Campesiña, a organización máis grande de campesiños no mundo. Os seus voceiros non só salientaron o papel central que algúns agricultores en pequena escala xogan na conservación da biodiversidade agrícola, senón que tamén fixeron propostas concretas sobre os dereitos e o apoio que requiren agricultores, comunidades rurais, organizacións de pobos indíxenas e pastores. Non é menor, dentro deses dereitos, o acceso aos materiais dos bancos de xenes nacionais e internacionais e o dereito ao apoio financeiro para a conservación da biodiversidade nas parcelas.

Tamén nos inquieta que o Tratado da FAO sobre Recursos Fitoxenéticos pon a énfase na soberanía nacional por riba da conservación dos recursos xenéticos e os dereitos dos agricultores. As leis nacionais de sementes poden, por exemplo, evitar que os agricultores conserven, intercambien e vendan as súas sementes. Como expresou na plenaria Jorge Stanley, membro dunha organización panameña de mozos indíxenas e voceiro do Comité Internacional de Planeación para a Soberanía Alimentar: “Nen sequer o “consentimento” e o “reparto de beneficios” para os agricultores que son os custodios da nosa herdanza xenética, quen manteñen milleiros de variedades locais de plantas nos seus territorios, se respeitan nas leis de patentes, que permiten que as variedades dos agricultores sexan pirateadas”.

As organizacións de agricultores e da sociedade civil que estiveron presentes ven con optimismo o desenvolvemento das discusións e as decisións tomadas. Contodo, debemos notar que segue faltando o apoio requirido para que o Tratado realmente funcione. Un financiamiento de 116 millóns de dólares é o escasamente necesario para que o Tratado se sustente, e os contributos seguen a ser voluntarios. A sociedade civil está determinada a monitorear de perto o desenvolvemento do debate. Os asistentes regresarán aos seus países con planos para promover o exercicio dos dereitos dos agricultores. “Voltaremos”, dixo a campesiña brasileira Soniamara Maranho, de Vía Campesiña.

Comunicado de varias organizacións involucradas no Comité Internacional de Planificación - CIP

Publicado no web da Via Campesina

Etiquetas

Quen Somos

Financia

Web renovado e actualizado co apoio económico da cooperación galega

Quién está en línea

Actualmente hay 0 usuarios y 1 invitado en línea.