Estás aquíVia Campesina perante o Tratado sobre sementes
Via Campesina perante o Tratado sobre sementes
Entregado aos membros do Comité Director do Tratado Internacional sobre os Recursos Fitoxenéticos para a Agricultura e a Alimentación, realizado do 1 ao 5 de Xuño de 2009 en Tunisia.
A multiplicación e a agravación das crises alimentares, económicas, enerxéticas e climáticas obrigan aos campesiños de todas as rexións do mundo a adaptar os seus sistemas de cultivo á aceleración dos cambios do seu medio ambiente. A conservación dinámica e a utilización duradeira da biodiversidade cultivada, os agro-sistemas, os sistemas sociais e coñecementos campesiños asociados a estes están no centro desta adaptación da que depende a alimentación das xeracións futuras. Esta biodiversidade non pode conservarse e renovarse sen o recoñecemento dos direitos dos agricultores definidos polo TIRFAA, ante todo os seus dereitos definidos no artigo 9 a conservar, utilizar, intercambiar e vender as súas sementes crioulas, de participar nas decisións nacionais e protexer os seus coñecimentos tradicionais. A pesar de numerosas declaracións políticas e científicas sobre a necesidade de desenvolver a conservación nos campos, a maioría dos países signatarios do Tratado prohiben o exercicio destes direitos colectivos. Substitúenos polos direitos privados de propiedade intelectual sobre as sementes que permiten a unha decena de empresas multinacionais de sementes declararse donos do conxunto da biodiversidade existente.
Privados dos seus direitos, os campesiños xa non poden conservar os centenares de milleiros de variedades que eles seleccionaron pacientemente para os adaptar aos seus agro-sistemas. As empresas multinacionais substitúenos por algunhas decenas de cultivos industriais destinadas a abastecer ás poboacións máis ricas, os seus animais ou os seus coches. Non reproductibeis e protexidas por direitos de propiedade intelectual que prohiben aos campesiños volver sementar a súa colleita, estas sementes industriais son demasiado custosas para os pequenos campesiños que non poden nen re-adquirilas cada ano, nen comprar os abonos e os pesticidas indispensábeis para as cultivar. Destrúen así os cultivos alimenticios, os sistemas sociais, culturais e os coñecimentos tradicionais das comunidades campesiñas e dos pobos indíxenas.
Só conceder aos agricultores o direito á repartición de vantaxes é unha trampa deseñada polo UPOV que se nega a esixir a indicación da orixe dos recursos utilizados no depósito dos COV e polas patentes que serven de camuflaxe desta información; este dereito ilusorio só serve para facer aceptar a negación dos dereitos colectivos dos agricultores polos dereitos de propiedade intelectual que xeran estas “vantaxes” que nunca son compartidas.
Utilizar o diñeiro da loita contra o fame para distribuír gratuitamente estas sementes industriais e os insumos asociados a elas aos pequenos campesiños que alimentan á xente pobre do Sul até que abandonen as súas sementes campesiñas locais é os condenar a desaparecer en canto este apoio non duradoiro desapareza: esta política agresiva é contraria á protección dos dereitos dos agricultores definidos no TIRFAA
Os bancos de xenes “ex situ” e a biodiversidade cultivada son ameazados até nos centros de orixe e diversificación polas contaminacións de OXM patentados, as guerras e o abandono dos financiamentos públicos necesarias para a súa conservación, en particular nos países do Sul máis ricos en biodiversidade cultivada. Substituílos por coleccións de secuencias xenéticas convertidas en bancos de dados numéricos priva aos campesiños do acceso á diversidade das sementes vivas reprodutibeis das que terán necesidade para alimentar á humanidade de mañá. Os campesiños non teñen uso para sementes incapaces de xermolar, fechadas nun conxelador e ás cais non teñen aceso, nen do seu código xenético convertido en secuencias numéricas. Só as multinacionais poderán apoderarse deste tesouro para comercializar algunhas plantas estandarizadas resultantes de xenes sintéticos patentados que a súa potencia financeira lles permite fabricar.
Por esta razón a Vía Campesina pede ao Comité director do Tratado facilitar o seguinte:
- aplicar co conxunto dos países signatarios os direitos dos agricultores para conservar, utilizar, intercambiar e vender as súas sementes de explotación, protexelas da biopiratería, de contaminacións por xenes patentados e de políticas agresivas que destrúen os sistemas sociais, os agro-sistemas, os sistemas culturais e os coñecimentos tradicionais asociados a estes. Pedimos suspender os dereitos de propiedade intelectual sobre as sementes co fin de permitir aos campesiños responder o máis rápido posibel ás crises alimentares, climáticas e enerxéticas.
- conservar a faculdade xerminativa das sementes e facer acesibel ao conxunto dos campesiños do planeta os recursos fitoxenéticos tomados dos seus campos e encerrados nos bancos de xenes,
- para mobilizar aos seus socios financeiros, en particular, o programa mundial para a alimentación, co fin de desenvolver extensos programas de selección participativa ao campo e non para distribuír sementes industriais non reprodutibeis ou para converter as coleccións do sistema multilateral en bases de dados numéricas
- para asociar á elaboración das súas decisións as organizacións de pequenos agricultores reunidas en Via Campesina na mesma medida que os representantes da industria
Para garantir isto pedimos incorporar as organizacións campesiñas no funcionamento do tratado, especialmente o seguinte:
- A realización dun informe sobre o respeito aos direitos dos agricultores e a situación dos campesiños no mundo, partindo das súas propias experiencias así como de documentos proporcionados polas institucións gobernamentais
- Un grupo de traballo coa tarefa de asegurar a conformidade das prácticas dos que utilizan o sistema multilateral coas regras do Tratado, sobretodo no que é tomar medidas concretas para loitar contra a biopirataría
- Un grupo de traballo encarregado de definir un marco para a conservación in situ nas granxas e de facilitar o seu financiamento
- Un traballo común cos CGIAR sobre a definición de recursos ex situ e un código de conduta en relación ás modalidades e o aceso aos recursos, a súa utilización e a repartición de beneficios
E con estes fins, de dar ás organizacións campesiñas os medios financeiros para participar nestes labores.
Para ler a declaración de Comité Internacional de Planificación : http://www.foodsovereignty.org
Publicado no web da Via Campesina










