Estás aquíXente que inviste en xente

Xente que inviste en xente


Na páxina principal da web dos fondos de investimento do Deutsche Bank pódese ler: “Agora dispomos de aproximadamente a metade da terra cultivable por persoa que tiñamos hai anos. Cada ano hai 80 millóns de bocas máis que alimentar. Invista no negocio de alimentar o mundo”. Especulando co dereito á alimentación provocáronse subidas artificiais do prezo dos alimentos no 2007. As mesmas entidades especulando con fume conducíronnos á crise financeira e todas as súas consecuencias. Entre elas a falta de apoios crediticios para millóns de persoas que os requiren para pór en marcha iniciativas produtivas que lles permitan abrazar esperanzas de futuro. Xustamente o que fai a banca ética que este mes de maio é visible en toda Catalunya no marco da Festa do Comercio Xusto e a Banca Ética.

Tal como están as cousas parece que colocar os nosos aforros en banca ética, ademais dun exercicio de solidariedade ao investir en favor de toda a sociedade, é tamén a mellor garantía para os nosos aforros.

Gustavo Duch, VSF

Publicado en El Periódico de Catalunya

Etiquetas

Quen Somos

Financia

Web renovado e actualizado co apoio económico da cooperación galega

Quién está en línea

Actualmente hay 0 usuarios y 1 invitado en línea.