Estás aquíAsina: A soia velenosa e transxénica non é responsábel!
Asina: A soia velenosa e transxénica non é responsábel!
Este Maio, a “Mesa Redonda de Soia Responsábel” ten a intención de decidir sobre un conxunto de criterios de soia “responsábel” certificada. Desde o comezo, este proxecto foi criticado profundamente. A soia transxenica vai ser certificada como “responsábel”, lavando a cara da industria soieira e confundindo ao público. Organizacións como WWF e a ONGD Solidaridad son cúmplices. Unha campaña exixe que estas organizacións deixen de facer parte da RTRS.
Pódese considerar a soia transxénica e cultivada con pesticidas como “responsable”? “Imposíbel”, dirás se cadra. O dano causado aos seres humanos e ao ambiente pola soia Roundup Ready de Monsanto en países como Arxentina e Paraguai é enorme.
No entanto, a finais de maio esta soia entra en consideración para a etiqueta de “cultivo responsábel” pola Mesa Redonda sobre Soia Responsábel.
A soia transxénica velenosa ameaza con vestirse de verde polo apoio de WWF e a organización da cooperación ao desenvolvimento Solidaridad. Estas organizacións cren que deste xeito contribúen a reducir os abusos no cultivo de soia, pero o resultado é o contrario.
É un paso perigoso declarar “responsabeis” produtos de manipulación xenética e lexitimar a intoxicación e ampliación do cultivo de soia. Non se combate a deforestación deste xeito; a tala de árbores segue a ser permitida.
Apoia a petición ás xuntas de WWF e Solidariedade de que retiren o seu apoio á soia venenosa.
A soia transxénica velenosa nunca pode ser responsábel
Chamamento ás Directivas de Solidaridad e WWF.
Como membro da Mesa Redonda sobre Soia Responsábel a súa organización quere aprobar a atribución da etiqueta “responsable” á soia transxénica venenosa. Poño severas obxeccións contra iso.
O cultivo da soia Roundup Ready gaña cada vez máis terreo e causa grandes problemas sociais e ambientais en América Látina. O monocultivo de soia muda a natureza e a agricultura a pequena escala nun deserto verde. O elevado uso de pesticidas intoxica o ambiente vital da poboación local. Agrava os conflitos de terra e aumenta as tensións entre pobres e ricos.
A Mesa Redonda lexitima unha maior ampliación do cultivo de soia. As organizacións de campesiños e as ONGs de América Látina e máis aló protestaron unha e outra vez contra a falsa idea de que esta soia poida ser “responsábel”. Ademais diso a Mesa Redonda mina as etiquetas para produtos locais e biolóxicos realmente sustentábeis.
Solidaridad e WWF xogan un papel principal nesa Mesa Redonda. Sobre todo grazas ao seu apoio á soia transxénica velenosa recibirá dentro de pouco a etiqueta de “responsábel”.
Por iso prégolle encarecidamente que mude a súa opinión. Saia en defensa dos pequenos campesiños e a natureza e abandone esa Mesa Redonda!
Publicado no web da campaña La Soja Mata










