Estás aquíXira galega da coordenadora en África da Vía Campesina

Xira galega da coordenadora en África da Vía Campesina


No marco da Semana Galega do Comercio Xusto, Amarante, Sindicato Labrego Galego e Verdegaia organizan unha xira por Galicia da dirixente campesiña Mariam Sissoko (presidenta de muller da CNOP -Coordenación Nacional de Organizacións Campesiñas de Mali- e coordenadora en África do movemento Vía Campesina). Baixo o título “Consumo responsable e Cambio climático”, Mariam Sissoko debullará o traballo que desde a CNOP e Vía Campesina se está facer a prol da loita pola soberanía alimentar no continente, así como a necesidade de fomentar un medio rural vivo en confrontación ao modelo de produción e consumo capitalista devorador de recursos e que ten as distintas crises (alimentaria, ecolóxica e financeira) como impronta no século XXI. Mariam Sissoko dará conferencias nas principais vilas galegas entre o 21 e o 24 de abril de 2009.

Martes 21 de abril
Mañá. Charla na sede do Sindicato Labrego Galego en Betanzos (Horario por definir)
Tarde. 20:00h. Charla en Pontevedra - Galería Sargadelos

Mércores 22 de abril
Mañá. 11:30h. Charla no Salón de Actos do IES Ribeiro en Ribadavia
Tarde. 20:30h. Charla en Vigo - Local de A Cova dos Ratos

Xoves 23 de abril
Tarde. Charla en Mondoñedo, na sede do Sindicato Labrego Galego (Horario por definir)
Tarde. 20:00h. Charla en Ribadeo - Casa das Letras

Venres 24 de abril
Mañá. 12.45h. Charla en Compostela - Facultade de Matemáticas, Campus Sul.

Quen Somos

Financia

Web renovado e actualizado co apoio económico da cooperación galega

Quién está en línea

Actualmente hay 0 usuarios y 1 invitado en línea.