Estás aquí23 de Abril: Palestra de Gustavo Duch en Lugo
23 de Abril: Palestra de Gustavo Duch en Lugo
O director de VSF (Veterinarios Sen Fronteiras) e autor do libro “Con los pies en la Tierra” (Icaria) estará en Lugo mañá, Xoves 23 de Abril, para participar nunha palestra organizada por VSF en colaboración coa Cova da Terra co título “Os señores da fame e a construción da soberanía alimentar dos pobos“. Será na Galería Sargadelos (Praza de Santo Domingo 4, Lugo) ás 20:00 horas.
Gustavo Duch Guillot é director da ONGD Veterinarios Sen Fronteiras e columnista dun bon número de diarios (La Jornada, El País, Público, El Periódico, Galicia Hoxe, El Diario…). Recentemente a editorial Icaria publicou unha compilación de artigos seus titulada “Con los pies en la Tierra”, prologada por Rosa Regás e ilustrada por Anthony Garner.
Gustavo Duch falará sobre as causas da fame e a pobreza rural, así como da alternativa da soberanía alimentar dos pobos, a democratización da alimentación.










