Estás aquíOs transxénicos secuestran o noso futuro!

Os transxénicos secuestran o noso futuro!


Algunhas razóns para nos manifestar en Zaragoza

Espérannos en Zaragoza, a Capital de Aragón acollerá unha grande manifestación popular para defender o dereito a producir e a consumir alimentos cento por cento libres de organismos modificados xeneticamente. O 18 de abril será un día importante para todos os que cremos que a alimentación é un dereito dos seres humanos e non un negocio. Manifestámonos un día despois do Día Internacional da Luita Labrega, sumándonos así a todas as mobilizacións que se desenvolverán en todo o mundo en favor do dereito a seguir sendo campesiños e campesiñas, unido ao anceio cidadán da soberanía alimentar para todos os pobos.

Mobilizarnos o día 18 de abril significa parar a imposición dunha tecnoloxía que se volve contra nós, acelerando os procesos de máis expulsión de agricultores e agricultoras dos nosos campos. Os transxénicos son a continuación da revolución verde e do modelo agroindustrial que provocou no Estado
Español a desaparición silenciosa de máis do 50% dos profesionais agrícolas nos últimos 25 anos.

Desde a perspectiva da defensa dunha agricultura con agricultores e agricultoras non nos queda xa ningunha dúbida: Para que certas tecnoloxías se son as causantes do abandono das nosas formas de vida? O declive das nosas vilas, expresado no abandono e o despoboamento, tivo como causa fundamental a implantación forzosa dun modelo agroalimentar que se esqueceu das persoas, aquelas que durante séculos souberon compatibilizar a produción de alimentos sans e nutritivos coa xestión dos ecosistemas onde estes interviñan.

O desenvolvemento da biotecnoloxía e nos próximos anos o da nanotecnoloxía é a culminación dun proceso de industrialización do campo en mans de moi poucas empresas, apoiadas sistematicamente polas políticas dos organismos multilaterais (BM, FMI, OMC ) e co beneplácito da maioría dos Estados, a costa
do empobrecimiento de millóns de campesiños e campesiñas de todo o mundo e da provocación forzosa do éxodo do campo ás grandes urbes.

O desenvolvemento dos cultivos transxénicos seguirá a fortalecer a mesma dinámica, xerando cada vez máis situación de dependencia tecnolóxica d@ produtor(a) cara á transnacional propietaria do avanzo tecnolóxico, incluída a dependencia para poder sementar os nosos campos a través de sementes  manipuladas e patentadas. É dicir, presiónannos sistematicamente para pasar de ser produtores de alimentos a consumidores de tecnoloxía que produce materias primas para mercados especulativos.

Pero ademais, as sementes transxénicas abren o camiño cara ao monopolio absoluto da biodiversidade agrícola e á súa vez tamén o dos alimentos polas mesmas empresas que fechan o ciclo: o control da tecnoloxía para producir e o dos mercados de alimentos para especular.

Os impactos ambientais están asegurados, solos, auga e biodiversidade entraron nunha deterioración alarmante como abuso dun sistema produtivo do que só se pensa na extracción de materia sen devolverlle nada á terra. Os alimentos que nos obrigan a producir son de dubidosa calidade a pesar de todo o control sanitario que se intenta exercer desde as institucións para asegurar a trazabilidad dos mesmos. Os riscos para a saúde das persoas multiplícanse, o crecemento de alerxias e tumores canceríxenos son algúns dos resultados dunha tecnoloxía que pon de cobaias ás persoas e as contornas onde vivimos.

Podemos dar máis razóns para comprender que o 18 de abril temos que mobilizarnos contra a enxeñaría xenética na cidade de Zaragoza, pero polo menos existe unha que elimina calquera dúbida ante as múltiples preguntas que se fai a poboación: a industria agroalimentar que impón dita tecnoloxía avanza sen rubor algún cara á privatización da terra, a auga, as sementes e os alimentos, convertendo dereitos cidadáns na súa propiedade privada; e, se non, que llo pregunten aos mil millóns de seres humanos aos que se lles nega o pan e a palabra.

En síntese, os transxénicos privatizan a vida, non producen máis, non axudan aos agricultores e agricultoras, non serven para manter vivos os ecosistemas, incrementan o risco da saúde das persoas, socavan a soberanía alimentar dos pobos, aumentan a xeografía da fame no mundo, e secuestran o noso futuro.

E por iso, sinxelamente, non os queremos!

Jerónimo Augado Martínez, Campesiño e Presidente de Plataforma Rural

 

Etiquetas

Quen Somos

Financia

Web renovado e actualizado co apoio económico da cooperación galega

Quién está en línea

Actualmente hay 0 usuarios y 1 invitado en línea.