Estás aquíPromesas e evidencias

Promesas e evidencias


Se algunha investigación pode presumir de fracasos, esa é a enxeñería xenética vexetal. Desde hai 25 anos investiuse moito tempo, mentes e diñeiro na investigación das sementes transxénicas coa promesa de construír a planta perfeita, que creza en calquera condición, que produza sen parar e resolva -din- a fame do mundo.

Pero até a data o pouco que se conseguiu foron dous avances científicos: o 90% dos cultivos transxénicos sementados no mundo teñen tolerancia a unha herbicida para poder fumigarlos máis e/ou producen unha toxina para matar a un tipo de insectos; na súa aplicación concretouse en tan só catro cultivos que nada teñen a ver coa loita contra a fame: algodón, que non se come, e soia, colza e millo, pensados para alimentación de animais ou fabricación de agrocombustíbeis. A medida que pasan os anos, o engano fica ao descuberto: os transxénicos non benefician ao pequeno campesiñado, non hai unanimidade respeito ao aumento de produtividade e hai unha clara perda da biodiversidade.

Nestes 25 anos hai outra evidencia incontestábel. Quen se beneficia -nas súas contas de resultados- son as tres ou catro empresas que se apropiaron do mercado das sementes. No medio da crise alimentar, con mil millóns de persoas morrendo á fame, son elas quen lograron un incremento de beneficios de até un 300% nos últimos tres anos, como recolleu a organización GRAIN. Contra esa agricultura de negocios, o próximo 18 manifestarémonos en Zaragoza.

Gustavo Duch (VSF)
Publicado en El País

Etiquetas

Quen Somos

Financia

Web renovado e actualizado co apoio económico da cooperación galega

Quién está en línea

Actualmente hay 0 usuarios y 1 invitado en línea.