Estás aquíNasce a Ra! (Rede Anticapitalista)
Nasce a Ra! (Rede Anticapitalista)
Ven de se apresentar publicamente, con actos en Compostela, Pontevedra e Lugo, a Ra! (Rede Anticapitalista), integrada por unha vintena de colectivos e persoas a título particular e fruito do proceso que levou á celebración do FSGal (Foro Social Galego). A Ra! nace como resposta á crise que está a vivir o mundo enteiro, unha crise de dimensións múltiples produto do sistema capitalista.
A Ra! manifesta a súa diposición a artellarse con outras mobilizacións globais, como a que tivo lugar 28 de Marzo en contra da xuntanza do G-20 en Londres, baixo o lema, “Decídelle ao G-20 que primeiro é a xente”. 17 de Abril, Día Internacional da Loita Labrega e pola Soberanía Alimentar dos Pobos, desenvolveranse novas protestas orientadas a conscienciar e informar á cidadanía e a presionar aos poderes políticos para que emprendan cambios reais.










