Estás aquí8 de Marzo: NaiMar

8 de Marzo: NaiMar


Un pouco máis ao Sul do Sul chileno, en Magallanes, escreben:

Rebelámonos como mulleres traballadoras ante a explotación que sufrimos nas plantas de procesamento das industrias salmoneiras. O soldo mínimo establecido por lei non se respeita. As empresas para as que traballamos non son inspeccionadas polos servizos de Traballo e de Saúde como debería ser. Cando se fai é previo aviso, entón fannos disimular e todo parece perfeito. Castígannos con multas se solicitamos permisos para as nosas reunións. O que nos dan nos comedores das fábricas é deficiente e de má cualidade, polo xeral fideus e pan. A roupa de traballo descóntasenos dos ingresos. A viaxe para ir traballar, que adoita ser de dúas horas, facémolo en buses para 6 pasaxeiras e viaxamos 12. Ou nos buses de 30 pasaxeiras e entón viaxamos 45 ou máis. Traballamos de pé máis de 11 horas diarias nun galpón de grandes dimensións cun ambiente húmido e frío e ninguén nos recoñece todo isto.

Rebelámonos ante o noso amoreamento e envelenamento. Vivimos -mentres vivimos- alimentados de penso e antibióticos. Fóra das redes nas que nos reteñen, a nosa NaiMar sofre a contaminación de todo o que nos botan enriba.

Rebelámonos. As empresas que crían salmóns engaiolados no mar chileno para exportar a mercados como o español presionaron á administración para que se capturen, dunha colonia de 400 exemplares, a 200 de nós. Non se ten en conta que os leóns mariños somos unha especia protexida. Neste mar agónico, cando a fame aperta, vémonos obrigados a atacar as gaiolas dos salmóns. Parece que causamos considerábeis perdas económicas. Unha vez capturados seremos vendidos a diferentes zoolóxicos internacionais.

Hoxe esconxurámonos para que as cousas muden.

Asinado polas mulleres traballadoras, os salmóns e os leóns mariños

Gustavo Duch Guillot, VSF

 

Etiquetas

Quen Somos

Financia

Web renovado e actualizado co apoio económico da cooperación galega

Quién está en línea

Actualmente hay 0 usuarios y 1 invitado en línea.