Estás aquíHormonas de crescimento vacún, OMC e medidas de retorsión dos EUA

Hormonas de crescimento vacún, OMC e medidas de retorsión dos EUA


A saúde e a agricultura labrega campesiña son máis necesarias que o “libre” comercio.
Non queremos carne de vacún con hormonas nos nosos pratos nen mañá nas nosas explotacións. Corresponde á UE e non á OMC determinar que métodos de produción agrícola están permitidos en Europa.

Xusto antes de marchar, o Presidente GW Bush decidiu dar un “agasallo” suplementar aos europeos e europeas reforzando as medidas de retorsión arancelar fronte á UE, que rexeita con moita razón a importación de carne de vacún de animais inxectados con hormona de crescimento. Son as produtoras e produtores europeus que van pagar os gastos.

A Coordenadora Europea Via Campesina[1] pide á UE de non modificar a súa lexislación en canto á importación de carne con hormonas e de non ceder á presión do Goberno dos Estados Unidos.

Non se trata de enfrontar norteamericanos e europeus. Organizacións campesiñas de EE.UU. como a NFFC[2] oponse tamén á utilización de hormonas en gandaría. Trátase de enfrontar un método de produción industrializado, a miúdo en mans de grandes empresas, a unha agricultura labrega multifuncional. Estes dous tipos de agricultura atópanse á vez nos EUA e en Europa[3]. Contodo, a respeito da cuestión das hormonas do mesmo xeito que a do polo clorado, a UE non seguiu o modelo americano, bravo, e pedímoslle seguir sendo moi firme sobre estes dous puntos.

É inaceitábel que a OMC poida ditar os métodos de produción en todo o planeta, sempre a favor da industria. Non corresponde ao comercio internacional dar orde de pago da agricultura. A crise financeira, alimentar e ambiental pon de manifesto que o acordo OMC de 1994, que agudizou estas crises, debe ser revisado por completo. É necesario con efeito ir máis lonxe que enterrar simplesmente a rolda de Doha: é necesario refundir as normas do comercio internacional con outros valores e outros principios: a doutrina do “libre” mercado é incapaz de solucionar as crises actuais xa que as criou.

Propomos o marco da soberanía alimentar para refundir estas normas e desenvolver agriculturas labregas diversificadas, culturalmente adaptadas, quen de alimentar todo o planeta e que contribúen a arrefrialo.

[1] A CPE (hoxe Coordenadora Europea Via Campesina ) nos años 90 coordenou con numerosas asociacións europeas unha campaña contra a hormona de crescimento vacuna, que contribuíu á decisión da UE de proibila.

[2] National Family Farm Coalition, membro de Via Campesina

[3] O chamado “modelo europeu de agricultura” non existe: existen efectivamente verdadeiras fábricas de produción de leite, porco, ovos, polo, verduras, fruitas,…. y tamén explotacións de subsistencia, con todos os intermediarios. A PAC actual favorece o desenvolvimento das primeiras mentres que destruen as segundas.

Información publicada no web da Via Campesina

 

Etiquetas

Quen Somos

Financia

Web renovado e actualizado co apoio económico da cooperación galega

Quién está en línea

Actualmente hay 0 usuarios y 1 invitado en línea.