Estás aquíAgricultura ecolóxica, motor da transformación do mundo rural
Agricultura ecolóxica, motor da transformación do mundo rural
Xavier Simón e Damián Copena fan, no recén saído nº 5 da revista-e Cos Pés na Terra, unha crónica do II Congreso de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica, celebrado en Maio de 2008, no que participaron labreg@s, investigadoræs, estudantes e persoas de todo tipo interesadas pola agricultura ecolóxica e a agroecoloxía procedentes de diversos lugares.
Con este Congreso quíxose abrir un espazo de debate e información que permita a posta en común dos principais desafíos e oportunidades aos que se enfronta a agricultura ecolóxica galega, tendo en conta que a agricultura ecolóxica, no actual contexto marcado polo Programa de Desenvolvemento Rural 2007-2013, está chamada a ser o motor da transformación do mundo rural.
Lé o artículo completo: “Agricultura ecolóxica, motor da transformación do mundo rural“










