Estás aquíA Rolda de Doha é o problema, non a solución
A Rolda de Doha é o problema, non a solución
Carta Aberta aos nosos Gobernos
Nós, representantes de organizacións de campesiños, mulleres, emigrantes, traballadores, consumidores, pobres urbanos e rurais, pescadores, movementos sociais e organizacións da sociedade civil, escribimos para expresar a nosa alarma debido a que se están a realizar esforzos para concluír as negociacións da Rolda de “Desenvolvemento” de Doha.
O Sr. Lamy está a utilizar a crise financeira actual para xustificar a necesidade de concluír urxentemente a Rolda de Doha. Expón que a conclusión da Rolda sería a solución á crise. A recente declaración do G20 o pasado 15 de Novembro en Washington DC tamén fixo un chamamento para concluír a Rolda de Doha como forma de solucionar a crise financeira actual. Non estamos de acordo co Sr. Lamy nen co G20 e, de feito, mencionamos como exemplo os actuais compromisos realizados ao amparo do Acordo Xeral sobre Comercio e Servizos (GATS) que impediron que os países poidan responder á crise financeira actual. Así, pensamos que todo o sistema da OMC é o problema e, polo tanto, non pode ser parte da solución.
Supúñase que a Rolda de “Desenvolvemento” de Doha de negociacións, iniciada en 2001 en Doha, Qatar, debía tratar sobre o desenvolvemento dos países en desenvolvemento. Con todo, a medida que pasaron os anos e que se produciron varios textos, é evidente que a Rolda trata sobre a protección e o fomento dos intereses dos países desenvolvidos e as súas corporacións transnacionais.
Isto foi obvio no anterior cume Mini-Ministerial o pasado mes de Xullo de 2008 en Xenebra, onde, debido á intransigencia dos países desenvolvidos para aceitar as esixencias dos países en desenvolvemento en canto á protección dos seus pequenos agricultores, as negociacións viñeron abaixo. Nestas negociacións e nos textos propostos, a maioría das propostas dos países desenvolvidos implicaban seguir a abrir os mercados dos países en desenvolvemento para os bens agrícolas e industriais, así como os servizos. Non hai ningún indicio actualmente que amose que as propostas e esixencias dos países desenvolvidos mudaron.
Dicir que a Rolda de Doha ou a maior apertura dos mercados dos países en desenvolvemento resolverán a crise actual é unha afirmación falsa. vimos na crise financeira asiática e na crise financeira actual que os anos de liberalización de comercio deixaron aos países vulnerábeis ante a volatilidade dos mercados, e impediu que os países poidan pór en práctica medidas para protexer aos seus habitantes e os seus medios de vida.
Facemos un chamamento aos nosos gobernos para rexeitar os intentos de concluír a Rolda de “Desenvolvemento” de Doha e para traballar, en lugar diso, co seu pobo na construción dun modelo de comercio alternativo que asegure o desenvolvemento sustentábel e que coloque ás persoas, os seus medios de vida e ao ambiente por diante dos intereses das corporacións transnacionais.
Comprometémonos a realizar mobilizacións a nivel rexional, nacional e internacional para deter o resurximento da Rolda de “Desenvolvemento” de Doha. Esta é parte das nosas loitas actuais contra o modelo neoliberal, a liberalización do mercado libre e os seus instrumentos como a OMC. Facemos un chamamento a outros movementos, organizacións de distintos pobos e grupos da sociedade civil para que se unan aos esforzos a favor dun mundo sen a OMC.
Globalicemos a esperanza, globalicemos a loita!
Asinado:
BKU (Bhartiya Kisan Union), India
Ecologistas en Accion (España)
EU-ASEAN Network
Focus on the Global South
GRAIN, Internacional
Hemispheric Social Alliance
Jubilee South-Asia Pacific Movement on Debt and Development (JS-APMDD)
KAU (Anti-Debt Coalition), Indonesia
KMP (Peasant Movement of the Philippines)
Korea Alliance against the FTAs
Korea Alliance of Progressive Movements
Korean Confederation of Trade Unions (KCTU)
Korean Peasants League
Korean Women Peasants Association
Mexican Action Network on Free Trade
Migrant Forum in Asia
NOUMINREN (Japan Family Farmers Movement)
PKMP (National Unity of the Peasants in the Philippines)
Seattle to Brussels Network
SHOKKENREN (The National Coalition of Workers, Farmers and Consumers for Safe food and health), Japan
Southeast and East Asia La Via Campesina
SPI (Indonesian Peasants Union), Indonesia
Stop the New Round! Coalition, Philippines
Transnational Institute
Solidarity of Filipino Worker(Bukluran ng Manggagawang Pilipino)
Para asinar esta declaración: rupina72@gmail.com
Publicado no web da Via Campesina










