Estás aquíManifesto: “Compromiso Labrego”

Manifesto: “Compromiso Labrego”


Non somos unha mera profisión, somos os labregos e labregas, un ser vivo máis na terra, que se complementa co resto de especies animais e vexetais para xerar en colaboración e reciprocidade vida e alimentos para a sociedade. Por iso, con todos estes irmáns e irmás lanzo un desafío: expresar de forma clara ao mundo o noso compromiso labrego, traballando, de forma solidaria, polos valores expresados no seguinte manifesto, así como, a difundir o mesmo, comprometéndome ao traballo solidario coa causa de todos os campesiños e campesiñas do mundo:

Manifesto de Compromiso Labrego

  • Un valor: A ética por riba dos negocios.
  • Un compromiso: Coidar a terra, os animais, os ríos, as sementes, os bosques, os ecosistemas, á vez que produzo alimentos.
  • Unha función: Producir alimentos sans e nutritivos para toda a cidadanía.
  • Unha opción: Unha opción de vida antes do que unha profisión. Vivir e manter as comunidades rurais e campesiñas alí onde produzamos os alimentos.
  • Unha cultura e unha técnica non neutral: A agroecoloxía, a agricultura labrega e local.
  • Un obxectivo: A construción da soberanía alimentar, desde o local ao global.
  • Unha estratexia: Manter vivas as culturas e os coñecimentos campesiños para o manexo da terra, o gando, os ecosistemas, os alimentos, as plantas medicinais.
  • Unha táctica: Defender a terra propia con uñas e dentes até que esta sexa de todos/as, ou de ninguén.
  • Un posicionamento firme e irrenunciábel: Fronte aos cultivos e as sementes transxénicas, os agrocombustibeis, os desertos verdes, a ocupación de solos de cultivo para urbanizacións innecesarias, os grandes circuítos (autoestradas) para favorecer o absurdo transporte de alimentos dunha punta a outra do planeta, a agricultura industrializada e o uso de materias para a súa práctica.
  • Un inimigo: O neoliberalismo.
  • Un método de luita: A nonviolencia e a desobediencia civil.
  • Un(ha)s compañeiros/as de viaxe: Os/as sen terra, os agricultores/as, os consumidores/as, todas as persoas que cren que un outro mundo é posíbel.
  • Unha proposta de futuro: A Vía Campesina.

E para que todo o expresado sexa o fermento dun traballo colectivo poño a disposición de todos/as os/as compañeiros/as o web www.compromisocampesino.org como ferramenta para o traballo en rede e comunicar a nosa luitas e esperanzas diarias, así como poder pór en práctica a nosa solidariedade, que é a tenrura dos pobos.

Irmáns e irmás do campo, baixen o documento e como eu fixen, asíneno, imprímano e colóqueno nun lugar ben visíbel dos seus campos, para que o vexa e o sénta o noso Planeta… E engrandezamos a lista; seremos millóns construíndo a soberanía alimentar, a paz e a esperanza.

Se queres ver outros labregos que subscreberon o Manifesto de Compromiso Labrego visita o web http://compromisocampesino.org/guestbook/. Se queres ti tamén subscreber o compromiso campesiño visita: http://compromisocampesino.org/guestbook/addentry.php e cumprimenta o formulario. Grazas!

Jerónimo Aguado

 

Quen Somos

Financia

Web renovado e actualizado co apoio económico da cooperación galega

Quién está en línea

Actualmente hay 0 usuarios y 1 invitado en línea.