Estás aquíA cifra de persoas que pasan fame no mundo atinxe os 963 millóns
A cifra de persoas que pasan fame no mundo atinxe os 963 millóns
Outros 40 millóns de persoas víronse empurradas á fame este ano sobretodo debido a prezos alimentares máis altos, segundo as estimacións preliminares publicadas pola FAO hoxe. Isto eleva o número total de persoas desnutridas a 963 millóns, fronte a 923 millóns de 2007. A crise financeira e económica en curso podería botar aínda máis xente á fame e á pobreza, adverte a FAO.
“Os prezos dos alimentos no mundo caíron desde comezos de 2008, mais os prezos baixos non terminaron coa crise alimentar en moitos países pobres,” dixo Hafez Ghanem, Director Xeral Asistente da FAO na apresentación da nova edición do Informe da FAO sobre a fame: O estado da inseguridade alimentar no mundo 2008.
“Para millóns de persoas en países en vías de desenvolvemento, comer a cantidade mínima de alimento cada día para vivir unha vida activa xa é un soño distante. Os problemas estruturais da fame, como a carencia de aceso á terra, ao crédito e ao emprego, combinados cos altos prezos dos alimentos seguen a ser unha realidade calamitosa”
Os prezos de certos cereais caíron perto do 50% pero seguen a ser moi altos comparado cos anos anteriores. A pesar da sua acusada baixa en meses recentes, o índice de prezos de alimentos da FAO seguía a ser un 28% máis alto en Outubro de 2008 que en Outubro de 2006. Cos prezos para as sementes e os fertilizantes (e outros elementos) máis que dobrados desde 2006, xente labrega pobre non podeá aumentar a produción. Pero os máis ricos, particularmente en países desenvolvidos, poderían producir cos custos máis altos da entrada e ampliar plantacións. Consecuentemente, a produción do cereal en países desenvolvidos subirá probablemente un 10% en 2008 mentres que en países en vías de desenvolvemento pode non exceder o 1%.
“Se os prezos baixos e a diminución do crédito asociado coa intensidade da crise económica forzan aos granxeiros a plantar menos alimento, outra suba dramática dos prezos do alimento podería se dar o vindeiro ano” engadiu Ghanem. “O obxectivo da Cimeira Mundial da Alimentación (CMA) de 1996, reducir o número de persoas famentas á metade antes de 2015, requere unha decidida actuación política e fortes investimentos de cando menos 30 mil millóns $/ano para a agricultura e a protección social dos pobres”.
Onde vive a fame
A maioría das persoas desnutridas -907 millóns- vive en países en vías de desenvolvemento, segundo os datos do 2007 divulgados pola FAO. Destas, o 65% vive en sete países: a India, China, a República Democrática de Congo, Bangladesh, Indonesia, Paquistán e Etiopía. O progreso nestes países coas poboacións máis grandes tería un impacto importante na redución global do fame.
Cunha poboación moi grande e un progreso relativamente lento na redución do fame, case dous terzos do mundo famento vive en Asia (583 millóns de 2007). No lado positivo, algúns países en Asia suroriental como Tailandia e Vietnam fixeron bo progreso cara á realización do obxectivo da CMA, mentres que Asia do Sul e Asia central sufriron reveses na redución da fame.
Na África subsahariana, unha de cada tres persoas -ou 236 millóns (2007)- ten fame crónica, a proporción máis elevada de persoas desnutridas sobre a poboación total, segundo o informe. O maior aumento no número de persoas desnutridas ocorrido nun só país é na República Democrática do Congo, como resultado do conflito extenso e persistente, desde 11 millóns até 43 millóns (en 2003-05) e a proporción subiu un 76%.
De calquera xeito, a África subsahariana fixo un certo progreso na redución da proporción de xente que sufría de fame crónica, baixando do 34 (1995-97) ao 30% (2003-2005). Ghana, Congo, Nixeria, Mozambique e Malawi atinxiron as reducións máis marcadas da proporción de desnutrición. Ghana é o único país que alcanzou o obxectivo da redución do fame da CMA e os obxectivos de desenvolvemento do milenio. O crecemento na produción agrícola foi determinante neste éxito.
América Latina e o Caribe eran os máis acertados na redución da fame antes da suba de prezos dos alimentos. Os altos prezos alimentares aumentaron o número da xente famenta na rexión a 51 millóns en 2007.
Os países no Próximo Oriente e África do Norte experimentan xeralmente os niveis máis baixos da desnutrición no mundo. Pero os conflitos (en Afganistán e Iraq) e os altos prezos dos alimentos empurraron os números para arriba a partir de 15 millóns en 1990-92 a 37 millóns de 2007.
Case fora do alcance
Algúns países estaban ben encamiñados para atinxir o obxectivo da CMA, antes da elevación repentina dos prezos pero “até estes países poden ter sufrido reveses por mor dos altos prezos de alimento. A crise afectou principalmente aos máis pobres sen terra e aos fogares encabezados por mulleres”, afirmou Ghanem “Requirirá -engadiu- un esforzo global enorme e decidido e accións concretas para reducir o número de persoas famentas en 500 millóns antes de 2015.”
Publicado no web da FAO










