Estás aquíO señor das cadeas

O señor das cadeas


Imaxine que se atopa nunha grande sala xunto con seiscentas persoas, campesiños e campesiñas, chegadas de todos os países, con vestimentas diferentes, idiomas propios, trazos particulares, pero coa mesma faísca nos seus ollos, con igual temperatura de corazón, con latexos sincronizados. Todas unidas da man nun corro xigante. No centro sentada nunha cadeira, unha muller africana encadeada, cos ollos vendados e a boca precintada. O silencio é completo, tenso.

Por un dos extremos entra unha muller campesiña a correr, detrás un home perséguea, alcánzaa e maltrátaa. Caiao chan. Noutro extremo unha muller labrando o campo, ao seu lado un home dándolle ordes sen cesar, finalmente empúrraa e cai ao chan. Nun recuncho un home acosa a unha muller, quere o seu corpo sen máis, a súa carne baleira. A muller resístese, berra, deféndese, pero finalmente cai ao chan. Represéntase a súa violación. Máis lonxe unha home carga na cabeza dunha muller un saco de leña, ela leva os 50 kg na súa cabeza, el camiña diante sen cargas. E outras escenas similares repítense, finalmente sete mulleres caídas no chan. Entón entra unha nova persoa, chámase Juana -no Caribe chámanlle a Negrita. Enrolado ao seu pescozo leva posto un pano verde da Vía Campesina, a organización mundial do pequeno campesiñado. Desprega a súa voz potente e canta: “Irmán dáme a túa man imos xuntas buscar unha cousa pequeniña que se chama liberdade, esta é a hora primeira, este é o xusto lugar, abre a porta que fóra a terra non aguanta máis.” Detrás delas máis mulleres cos panos verdes percorren o pavillón dando a man ás mulleres caídas, que se levantan recuperadas con dignidade, e xuntas achéganse á muller encadeada.

Mentres, Juana segue: “Mira adiante irmán é a túa terra a que espera sen distancias, nen fronteiras que poñas alta a man sen distancias, nen fronteiras esta terra é a que espera o clamor americano levanten pronto a man ao señor das cadeas.”

E as cadeas rómpen. A muller libérase, e con ela o corro de persoas, o mundo campesiño que a rodea . Con esta escenificación o pasado mes de outubro en Maputo púxose en marcha a campaña mundial contra a violencia cara ás mulleres no mundo rural, vítimas por duplicado da violencia capitalista e da violencia patriarcal. Unha campaña imprescindíbel.

Gustavo Duch Guillot
Director de VSF

Publicado en Galicia Hoxe

Etiquetas

Quen Somos

Financia

Web renovado e actualizado co apoio económico da cooperación galega

Quién está en línea

Actualmente hay 0 usuarios y 1 invitado en línea.