Estás aquíResistir para avanzarmos

Resistir para avanzarmos


Ao entrar ao recinto da Escola de Formación de Matola, en Maputo, Mozambique, percebes a enerxía e rebeldía que dous días de encontro deixaron no ar quente deste recuncho do Planeta. Porque neste espazo se atopan 600 mulleres e homes líderes campesiños chegados de todos os continentes para participar na V Asemblea da Vía Campesina, cun propósito claro, que aquí se sente posíbel: mudar o mundo. E para iso a primeira medida é resistir. Resistir como demostrou a UNAC, organización campesiña maioritaria en Mozambique e excelente anfitrioa do evento. A UNAC defende con claridade os argumentos da Soberanía Alimentar, o paradigma da Vía Campesina quen de xerar o primeiro movemento mundial alternativo ao modelo neoliberal. Así llo fixo saber o día da inauguración da Asemblea ao presidente de Mozambique.

O Goberno de Mozambique cambalea segundo os ditames do Banco Mundial e o Fondo Monetario Internacional, e nestes momentos de crise alimentar, segundo eles, requérese da implantación da Revolución Verde en África. E os gobernantes réndense, unha vez máis, ao plano financiado pola Fundación Rockefeller e a fundación de Bill Gates, que promoven os transxénicos e os agrocombustíbeis como motor de desenvolvemento. O campesiñado africano sofre un modelo presionado polos cultivos de exportación (algodón, cacau, café, caucho, etc.) que dificulta a agricultura de subsistencia e os leva a depender dos mercados mundiais para poder alimentar ás súas familias, e en espazos como este evento poden compartir con outros pequenos campesiños o resultado de historias xa sucedidas. Así ratifican a qué lle levaría unha Revolución Verde. Como na India ou México, onde xerou unha agricultura industrial capaz de producir moitos bens pero tamén unha enorme pobreza no campo. Trátase dunha agricultura que somete e envelena a propia natureza e que fai dependentes os pequenos campesiños de sementes, petróleo, químicos e fertilizantes. Un modelo antisocial e non sustentábel que a UNAC e o resto das organizacións da Vía Campesina rexeitan. Este é un dos elementos chave desta Conferencia da Vía Campesina, construír un novo presente resistindo a vellos predicados.

Gustavo Duch Guillot
Director de VSF

Publicado en Galicia Hoxe

Etiquetas

Quen Somos

Financia

Web renovado e actualizado co apoio económico da cooperación galega

Quién está en línea

Actualmente hay 0 usuarios y 1 invitado en línea.