Estás aquíDeclaración da III Asemblea das Mulleres de Via Campesina
Declaración da III Asemblea das Mulleres de Via Campesina
En Maputo, Mozambique, co gallo da V Conferencia Internacional da Vía Campesina, nós as mulleres do campo dos diferentes continentes tivemos a nosa III Asemblea das Mulleres. Atopámonos coa alegría do compartir, o agarimo das compañeiras, a riqueza das nosas culturas diversas e a beleza da mulleres de África, Asia, Europa e as Américas.
Somos mulleres con historias e loitas comúns pola vida, a terra, os territorios, a Soberanía Alimentar, a xustiza, a dignidade; mulleres que compartimos saberes e experiencias, convencidas de que as ideas como as sementes cando se intercambian crecen e se multiplicanse. Somos mulleres que loitamos contra a violencia ao longo da historia, loitadoras, que continuamos a defender os nosos territorios e as nosas culturas do saqueo, a devastación e a morte perpetradas por quen impuxeron o seu poder desde o tempo da colonia, e que hoxe continúan a tentar colonizar non só os nosos territorios senón tamén as nosas mentes e as nosas vidas.
Como mulleres reclamamos o respeito de todos os nosos dereitos e rexeitamos o sistema patriarcal e todas as súas expresións discriminatorias. Reafirmámonos no exercicio pleno da participación cidadá. Esiximos o noso dereito a unha vida digna, o respeito aos nosos dereitos sexuais e reprodutivos, a aplicación imediata de medidas para erradicar toda forma de violencia física, sexual, verbal e psicolóxica e a eliminación de prácticas de feminicidio que aínda persisten.
Denunciamos que os procesos migratorios, particularmente o das mulleres, están estreitamente relacionados co empobrecimiento e a violencia social e de xénero no campo así como con desprazamentos das mulleres cara aos centros de produción empresarial, o tráfico de mulleres para enriquecer o negocio do entretimento e as expulsións das mulleres das terras produtivas. Todos estes fáctores esconxuran contra a permanencia e os medios de sustento das comunidades campesiñas e contra a Soberanía Alimentar.
Reafirmamos que denunciar a discriminación cara ás mulleres, implica recoñecer que aínda que o sistema patriarcal e o machismo existiron historicamente; o modelo neoliberal profunda as condicións de discriminación e aumenta as situacións de violencia contra as mulleres e as nenas nas zonas rurais. Xa que logo a loita antineoliberal debe ir á par da loita pola igualdade de xénero, a non discriminación das mulleres e o combate inclaudicábel contra todas as formas de violencia no campo, e en particular a violencia doméstica que sofren as mulleres.
As mulleres sufrimos discriminación de clase, xénero, étnica, sexual, estética, entre outras. Cremos que un tipo diferente de sociedade con outro tipo de relacións de xénero é posíbel. Outro mundo é posíbel agora.
A globalización e a resultante división do traballo está baseada en cuestións de xénero, onde as mulleres están concentradas en sectores de produción controlados polas transnacionais, como en determinadas ramas do agro-negocio, as maquilas de México, América Central ou Asia, ou o turismo sexual.
Para lograr a soberanía alimentar e a reforma agraria, comprometémonos a loitar conxuntamente para eliminar todas as formas de violencia que tamén inclúen a crise alimentar, a mudanza climática, o avanzo dos monocultivos, os transxénicos e os agronegocios.
Estas expresións de violencia inclúen:
- aumento da fame e as fames negras e de enfermidades graves e mortais
- aumento significativo da pobreza e o aumento da fenda entre ricos e pobres
- violacións dos dereitos humanos e represión política
- mercantilización e privatización da natureza e as terras agrícolas tradicionais, conducindo ao desprazamento e as migracións forzadas dos Pobos Indíxenas, das campesiñas e campesiños
- privatización e contaminación da auga e do ar
- extracción incesante de minerais e a destrución, a apropiación e a concentración da terra produtiva
- perda dramática da biodiversidade e destrución dos bosques
- conspiración na destrución dos coñecementos e métodos de produción campesiña
- mudanzas climáticas imprevisíbeis que destrúen os cultivos
- perda do control das sementes polos campesiños e campesiñas e a súa apropiación polas empresas transnacionais, resultando na perda de alimentos culturalmente apropiados.
- incremento dos prezos dos alimentos básicos sen que iso beneficie nen ás campesiñas e campesiños nen á agricultura de pequena escala.
A loita contra a violencia cara ás mulleres comeza nos nosos corazóns e nas nosas conciencias. Acabar con estas formas de violencia esixe o noso esforzo e unidade na loita, e o noso compromiso na construción dunha sociedade máis xusta. Axuntemos as nosas vontades para construír un mundo sen violencia, comezando por construír unha muller nova e un home novo.
En solidariedade, as mulleres da Via Campesina continuaremos a construír un mundo cheo de vida, xustiza e equidade. Nesta III Asemblea Internacional das Mulleres de Vía Campesina urximos a todas as persoas integrantes, mulleres e homes de todas partes do mundo, a se unir nesta loita. Pola vida e a soberanía alimentar, deteñamos a violencia cara ás mulleres XA!
GLOBALICEMOS A LOITA
GLOBALICEMOS A ESPERANZA
Maputo, Outubro de 2008
Publicado no web de Via Campesina










