Estás aquíDeclaración da II Asemblea da Mocidade de Via Campesina
Declaración da II Asemblea da Mocidade de Via Campesina
O campo é a nosa vida
A terra aliméntanos
Os ríos corren no noso sangue
Somos a mocidade da Via Campesiñna
Hoxe declaramos o inicio dun novo mundo
Vimos dos catro recunchos da terra
Para unirnos con espírito de resistencia
Traballar creando esperanza
Falar sobre as nosas loitas
Aprender do traballo que realizamos
Inspirarnos das nosas cancións e historias
Construír a solidariedade entre os nosos movementos
Unificarnos como forza para o cambio social.
Daquí voltaremos a todos os recunchos do mundo
Levándo un espírito de revolución
Coa convicción de que outro mundo é posibel
E o compromiso para loitar a favor do noso xeito de vivir
Loitaremos até a vitoria, até que as mozas e os mozos de todo o planeta poidan vivir no campo, como campesiños, en paz e con prosperidade.
Cando os Estados nos tenten reprimir, unirémonos en solidariedade para seguir a loita.
Cando unha compañeira caia, erguerémola.
Cando faga frío, abrazarémonos até que o lume da nosa loita nos quente o corazón.
E cada día comprometeremos aos nosos corpos, as nosas mentes e o noso corazón na liña da fronte para defender a vida e a loita pola Vía Campesina.
Entre os días 16 e 17 de 0utubro de 2008 moz@s de máis de corenta países dos cinco continentes, campesiñ@s de distintos pobos e culturas pertencentes á Vía Campesina reunímonos en Maputo (Mozambique) para celebrar a nosa segunda Asemblea Mundial de moz@s da Via Campesina.
A mocidade da Vía Campesina aquí presente, ante as desigualdades e miserias que se están a apropiar do mundo, somos e sentímonos o presente e futuro dunha nova sociedade que sustenta o mundo. Pero temos problemas comúns que o dificultan.
O maior dos nosos problemas é o sistema capitalista/neoliberal que, cos seus medios de represión, extorsión e propaganda, estendeu as desigualdades e inxustizas por todo o mundo.
Este sistema impuxo unha agricultura produtivista que provoca o abandono do medio rural, migracións entre rexións, dificulta o aceso á terra e aos bens naturais e fomenta os transxénicos, a perda da soberanía alimentar e impulsa novas formas de colonización como os agronegocios… Estes problemas, afectan de xeito especial a mozos, mulleres e á clase traballadora.
Ante esta crúa realidade, as mozas e os mozos da Vía Campesina, con forza e sentimento, apostamos por un novo modelo social baseado na Soberanía alimentar dos pobos mediante a reforma agraria integral. E para iso propomos:
- Aceso á terra, con políticas de apoio ao retorno e arraigamento da mocidade ao campo, para poder asegurar a alimentación e o futuro do noso planeta.
- Loita e acción contra o modelo neoliberal, o imperialismo, as forzas de ocupación, os tratados de libre comercio, as políticas agrícolas impostas pola OMC, o FMI, o Banco Mundial, as multinacionais, o consumismo, os organismos xeneticamente modificados, a criminalización das organizacións sociais e das migracións laborais.
- Solidariedade entre as rexións como movementos sociais que están a levar a cabo modelos alternativos frente ao sistema neoliberal, mediante principios de integración con reciprocidade, complementariedade e cooperación para superar as desigualdades sociais.
- Formación política e ideolóxica integral da mocidade. Educación popular. Formación campesiña en técnicas agroecolóxicas.
- Mellora da comunicación entre as e os mozos de diferentes organizacións e culturas e creación de redes de comunicación alternativas como instrumento político e social para transformar o modelo imperante.
- Profundización e avance no debate das causas das migracións e situación da clase traballadora.
- Articulación de relacións e alianzas políticas, sociais e culturais entre mozas do campo e da cidade con vistas á unidade dos mozos do mundo para o cambio social e a conquista da soberanía alimentar.
Para materializar estas propostas, o noso plano de acción é o seguinte:
- Crear unha comisión provisoria de moz@s durante a V Conferencia para dinamizar o traballo de coordenación.
- Realizar cando menos un encontro de mozos por rexións no 2009
- Realizar un campamento internacional en España a finais de 2009
Outros aspectos que traballaremos nos próximos catro anos:
- Fomentar a formación político-ideolóxica e técnica en cada rexión. Elaborar e socializar materiais formativos ideolóxicos ligados ás reivindicacións da Vía Campesina. Elaboración dunha lista de escolas de formación política a nivel internacional
- Crear e mellorar a comunicación entre as nosas organizacións, crear alianzas con outras organizacións que loiten por obxectivos similares aos da Vía Campesina e abrir e socializar os contidos desta asemblea a outras organizacións amigas e persoas novas. Comprometémonos a construír, desenvolver e fortalecer o noso espazo como nov@s nas organizacións nacionais, rexionais e internacionais da Via Campesina, polo que pedimos a incorporación de dous mozos un home e unha muller na Comisión Coordenadora Internacional (CCI).
- Acceso á terra, con políticas de apoio ao retorno e arraigamento da mocidade ao campo, para poder asegurar a alimentación e o futuro do noso planeta.
- Loita e acción contra o modelo neoliberal, o imperialismo, as forzas de ocupación, os tratados de libre comercio, as políticas agrícolas impostas pola OMC, o FMI, o Banco Mundial, as multinacionais, o consumismo, os organismos xeneticamente modificados, a criminalización das organizacións sociais e das migracións laborais.
- Solidariedade entre as rexións como movementos sociais que están a levar a cabo modelos alternativos fronte ao sistema neoliberal, mediante principios de integración con reciprocidade, complementariedade e cooperación para superar as desigualdades sociais.
- Formación política e ideolóxica integral da mocidade. Educación popular. Formación campesiña en técnicas agroecolóxicas.
- Mellora da comunicación entre as e os mozos de diferentes organizacións e culturas e creación de redes de comunicación alternativas como instrumento político e social para transformar o modelo imperante.
- Profundización e avanzo no debate das causas das migracións e situación da clase traballadora.
- Articulación de relacións e alianzas políticas, sociais e culturais entre mozas do campo e da cidade con vistas á unidade dos mozos do mundo para o cambio social e a conquista da soberanía alimentar.
Para materializar estas propostas, o noso plan de acción é o seguinte:
1. Crear unha comisión provisional de mozas durante a V Conferencia para dinamizar o traballo de coordinación.
2. Realizar polo menos un encontro de mozos por rexións no 2009
3. Realizar un campamento internacional en España a finais do 2009.
Outros aspectos que traballaremos nos próximos catro anos:
- Fomentar a formación político-ideolóxica e técnica en cada rexión. Elaborar e socializar materiais formativos ideolóxicos ligados ás reivindicacións da Vía Campesina. Elaboración dunha lista de escolas de formación política a nivel internacional
- Crear e mellorar a comunicación entre as nosas organizacións, crear alianzas con outras organizacións que loiten por obxectivos similares aos da Vía Campesina e abrir e socializar os contidos desta asemblea a outras organizacións amigas e persoas novas. Comprometémonos a construír, desenvolver e fortalecer o noso espazo como novos nas organizacións nacionais, rexionais e internacionais da Via Campesina, polo que pedimos a incorporación de dous mozos un home e unha muller na Comisión Coordenadora Internacional (CCI).
- Organizar accións concretas contra o modelo neoliberal e a favor da soberanía alimentar nas nosas próximas reunións, encontros ou asembleas de mozas da Vía Campesina
Por todo isto, as mozas e os mozos da Via Campesina comprometémonos a continuar a loita pola soberanía alimentar e polos dereitos das campesiñas e campesiños de todo o mundo.
Como dixo Neruda, poderán cortar as flores pero non poderán deter a primavera
Alerta, alerta, alerta, que camiña
a mocidade en loita da Vía Campesina
MOCIDADE!!!!!!
Globalicemos a loita, globalicemos a esperanza!!!!!
ORGANIZACION INTERNA
Coordenación:
- Durante a II Asemblea de Mozas e a V Conferencia da Vía Campesina créase unha comisión provisoria de moz@s composta por dúas persoas de cada rexión.
- Durante a V Conferencia vaise a solicitar á Vía Campesina a incorporación de dous mozos á Comisión Coordinadora Internacional (CCI).
- No prazo dun ano organizaranse encontros rexionais de mozos da Vía Campesina en cada unha das rexións. Nelas as rexións designarán dúas persoas, un home e unha muller, como coordenadoras de mozas nesa rexión.
- No outono do 2008 realizarase un encontro internacional de moz@s no Estado español, onde se reafirmará esta comisión de dous representantes por rexión, que serán os encargados de dinamizar e coordinar a comisión de moz@s a nivel internacional.
Publicado no web de Via Campesina










