Estás aquíA ISAP estará na Feira de Soberanía Alimentar organizada pola Marcha Mundial das Mulleres

A ISAP estará na Feira de Soberanía Alimentar organizada pola Marcha Mundial das Mulleres


Desde o pasado día 14 de Outubro Vigo acolle o VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres. O fin de semana de 18 e 19 de Outubro, neste marco, celébrase un Foro e unha Feira sobre Soberanía Alimentar.

A Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos colaborou coa Marcha Mundial das Mulleres na elaboración dunha exposición e estará presente na Feira tanto por medio das organizacións que a integran (Amarante, SLG, Verdegaia e VSF) como facendo unha apresentación pública sobre esta alianza criada en Galiza seguindo o mandado do Foro de Nyéléni.

Esperámoste aló!

Máis información

Etiquetas

Quen Somos

Financia

Web renovado e actualizado co apoio económico da cooperación galega

Quién está en línea

Actualmente hay 0 usuarios y 1 invitado en línea.