Estás aquí17 de Outubro: Xornada sobre Alimentos Locais organizada polo SLG
17 de Outubro: Xornada sobre Alimentos Locais organizada polo SLG
Coñecendo as caras de quen produce os alimentos que comemos.
Coñecendo as caras de quen come os alimentos que producimos
Novas formas de relación entre @s productoræs de alimentos e @s cidadá(n)s que os comen. Ven coñecer a experiencia das AMAP (Asociacións para a Preservación da Agricultura Labrega) na Franza.
Consumir localmente; apoiar produtos tradicionais, caseiros e ecolóxicos significa consumir produtos frescos, sentir o sabor na súa totalidade, conectar cos ciclos naturais ao consumir produtos de tempada…
En todos lados houbo, en diferentes momentos, unha perda da relación entre labreg@s e cidadá(n)s que compran a comida, e ao mesmo tempo un aumento do proceso industrial dos alimentos. Aparece a inseguridade alimentar (vacas tolas, tranxenicos, dioxinas…) e un abuso de pesticidas, químicos, hormonas, funxicidas. Como reacción, moitas persoas que non queren ser consumidoras pasivas, únense para resgatar o sabor dos alimentos naqueles países que xa os perderan. Así as primeiras experiencias de procura da comida local xurden nos anos 70 en Xapón, Alemaña e Suíza, despois nos anos 90 aparecen grupos en Estados Unidos, Canadá e Reino Unido e no 2001 aparecen asociacións na Franza. Agora mesmo hai unha coordenación mínima a nivel mundial destes grupos, que teñen en común sobre todo que, @s protagonistas son os labregos e labregas e os consumidores e consumidoras.
O día 17 de Outubro, temos xornada en Santiago de Compostela para presentar a experiencia destes grupos de comida local na Franza. Vannos apresentar as AMAP, (Association pour le Maintien d´une agriculture Paysanne). Van falar dúas mulleres, unha dende a perspectiva cidadá e outra dende a perspectiva labrega.
Creemos que ouvir como se organizan estas comunidades de consumo, é moi interesante para todos e todas. Non só para os labregos e labregas que fan venda directa, senón tamén para quen mercamos ou quixeramos mercar alimentos saudábeis. Como tamén consideramos moi importante coñecer a relación entre os e as que cultivan e os e as que comen os alimentos.
Comer depende da agricultura.
O emprego dos labregos e das labregas, tamén.
En conxunto, podemos desenvolver valores, conservar tradicións e afortalar labregos e labregas que se dediquen a producir unha agricultura sustentábel e saudábel. O protagonismo está compartido e así vemos que veñen unha labrega e unha consumidora. Nós temos a vantaxe de que aínda hai labregos e labregas que nos poden dar alimentos auténticos, cando pechen, faremos como nos outros países tentaremos crealos.
O mellor é non perdelos.
Acode á xornada, contamos contigo!
Apóntate telefonando para o 981 55 41 47
17 de Outubro. Hotel Congreso.
Estrada da Estrada, Km 3, Montouto
15894 Santiago de Compostela
Tel. (34) 981819080, Fax: (34) 981819124, hcongreso@hotelcongreso.com
XORNADA :
PROGRAMA:
11:45 h. Chegada.
12:00 h. Presentación e obxectivos da xornada
12:15 h. Rosario Sánchez Parga: O acceso aos alimentos. Influencias da distribución nos hábitos alimentares.
13:45 h. Comida
15:00 h. Que nos aportan os circuítos curtos?
Produtor: Miguel Anxo Méndez López
Un representante dun grupo de consumo que merca directamente a produtoræs
Debate
16:30 h. Novas formas de chegada dos alimentos á nosas mesas: A experiencia das AMAP.
20:00 h. Fin da xornada
Organiza: SLG










