Estás aquíDecrescimento e agricultura

Decrescimento e agricultura


Nos anos 70 apareceron as primeiras teorías do decrescimento que nos advertían de que nun planeta finito o crescimento económico continuo -capitalista- non era posíbel e, polo tanto, debían redeseñarse os nosos modelos de sociedade se non queriamos chegar ao colapso. O decrescimiento -explican- non é unha proposta que podemos ou non adoptar, é unha situación que tarde ou cedo chegará e deberemos asumir. A crise económica globalizada podería interpretarse como un primeiro sinal do colapso ou, pola contra, se actuamos consecuentemente, podería converterse nun punto de inflexión, un momento de obrigada reflexión, unha oportunidade histórica para anteciparse e evitar que o decrescimento e todas as súas consecuencias acaben constituíndo unha pesada lousa. Trataríase de recoñecer, comprender e manexar o decrecimiento para que nos conduza a un mundo máis xusto.

Partindo destas premisas, as medidas frente á crise non se centrarían no aumento da produtividade -receita que aplica a maioría de gobernos-, senón en analisar e impulsar as mudanzas oportunas nos modos de produción e hábitos de consumo. Neste sentido, debemos dedicar especial atención ao modelo de produción dos nosos alimentos, tanto porque seguimos a depender deles para a nosa sobrevivencia como pola súa importancia económica e ecolóxica: moitas familias no mundo traballan no sector agrícola e a agricultura ten un papel chave no contorno.

O modelo alimentar actual está baseado precisamente nun uso irracional dos recursos materiais e enerxéticos. Comemos basicamente petróleo: na produción intensiva necesítase de moita maquinaria, de fertilizante e de agrotóxicos, e todo iso é petróleo. Ademais increméntanse día a día os quilómetros que os alimentos percorren antes de chegar á mesa, e non só os alimentos ‘tropicais’ como bananos ou kiwis, senón e sobre todo alimentos que tradicionalmente se producían no ámbito local (mazás, uva, peixe, etcétera). E para acabar con esta análise de ineficiencia enerxética hai que sumar as toneladas de cereais que importa o Norte global para alimentar á súa gandería. Non deberiamos esquecer que este modelo agrícola é ademais o causante directo e principal da fame e a pobreza no Sur global. Nin ecolóxica nin socialmente o debemos aceitar.

A boa nova é que é posíbel facer ‘decrecer’ este modelo. Trátase de emprender un camiño novo que nos leve a revitalizar o planeta, recuperando o medio rural e relocalizando a agricultura. Modificar os patróns agroindustriais para criar, seguindo os canons ecolóxicos, unha moderna agricultura fundamentada na produción artesanal, coa participación de campesiñas e campesiños, favorecendo tamén así a criazón de emprego. Promovendo o consumo en mercados de proximidade para minimizar o uso do petróleo e diminuír as forzas oligopólicas das cadeas de distribución. E divulgando hábitos alimentares sustentábeis: o consumo moderado, o consumo de alimentos de tempada e dietas máis equilibradas.

Gustavo Duch Guillot
Director de VSF

Publicado en El Correo Digital

Etiquetas

Quen Somos

Financia

Web renovado e actualizado co apoio económico da cooperación galega

Quién está en línea

Actualmente hay 0 usuarios y 1 invitado en línea.