Estás aquíGuerras pola terra
Guerras pola terra
A historia do campo –e os seus cultivos– desvelan algunhas das razóns do clima de violencia xerado en Bolivia. Cando en 1952 se puxeron en marcha procesos de reforma agraria e recolonización das terras amazónicas do Leste, constituíuse o Comité Cívico Pro Santa Cruz para defender os privilexios dos latifundiarios. Desde entón, con ditaduras e gobernos baixo o seu control, aseguránronse de poder tirar o maior proveito das suas terras, que foi muito. Primeiro foi a cana de azúcar até que deixou de ser rendíbel. Despois se dedicaron ao cultivo de algodón. Sempre o mesmo patrón: procurando cultivos con bos prezos no mercado internacional traballados por xornaleiros en condicións de semiescravitude, exprimindo a terra e as maos até as deixar exaustas. Trás falsas mensaxes de autonomismo agóchanse os mesmos intereses, hoxe revalorizados polo boom da soia e os agrocombustíbeis. Tense falado das guerras do petróleo e das guerras pola auga. Engadan as guerras por outro ben cada vez máis escaso: a terra cultivábel.
Gustavo Duch Guillot
Director de VSF
Publicado en El Periódico










