Estás aquíAlimentacción
Alimentacción
Comprender que a economía é en definitiva un sistema de transformación de enerxía e de materiais en produtos úteis, axúdanos a entender a verdadeira dimensión da actual crise económica, porque, como explican moitos expertos, topamos cunha crise de modelo, onde o mito do crescimento choca coas limitacións físicas propias dun sistema ou planeta finito. Como sostén J.M. Alier, o crescimento económico non é sustentábel ecoloxicamente.
Un contundente exemplo atopámolo se aplicamos esa definición ecolóxica da economía á análise da produción de alimentos na actualidade. A produción e distribución da nosa comida faise cun brutal desperdicio enerxético. Requírese moito petróleo nas fases produtivas -co uso de fertilizante- e na distribución, onde o contaquilómetros dos alimentos dá voltas sen parar, así como biomasa -con dietas moi cárnicas consómense grandes cantidades de cereais.
A crise debe obrigarnos a repensar o modelo de economía capitalista que induce ao crescimento sen freo con nefastas consecuencias sociais e ambientais. Podemos comezar revisando os modelos de produción e consumo alimentar. Pasemos á “alimentacción”.
Gustavo Duch Guillot
Director de VSF
Publicado en El Periódico










