Estás aquíA Xoaninha procura terras agrícolas en Ferrolterra

A Xoaninha procura terras agrícolas en Ferrolterra


A Cooperativa de Consumo Responsábel A Xoaninha comezou un proceso de procura de terras agrícolas próximas a Ferrol aptas para a agricultura ecolóxica. O obxectivo é ampliar e complementar a oferta de horta local existente, para atinxir un consumo máis ecoloxicamente sustentábel, ademais de avanzar na autosuficiencia e, xa que logo, soberanía alimentar.

As terras deben ter unha extensión duns 6 ou 7 ferrados (uns 3.000 m2) e ser aptas para a agricultura ecolóxica. A Xoaninha non aceita cesións gratuítas e oferece polo uso da terra o mesmo prezo que ten fixado a Consellaría de Medio Rural para o BanTeGal (Banco de Terras de Galiza). A cooperativa encarregarase da inscrición no CRAEGA. A cesión deberá ser por un mínimo de 5 anos.

As terras serán xeridas por traballadoræs da cooperativa, mais non se desbotan outras opcións como a de persoas que queran traballar a súa propia terra.

Máis información:
http://www.cooperativaxoaninha.org/spip/spip.php?article81
http://www.cooperativaxoaninha.org/spip/spip.php?article88

Etiquetas

Quen Somos

Financia

Web renovado e actualizado co apoio económico da cooperación galega

Quién está en línea

Actualmente hay 0 usuarios y 1 invitado en línea.