Estás aquíFeira e Foro sobre soberanía alimentar no VII Encontro da Marcha Mundial das Mulleres
Feira e Foro sobre soberanía alimentar no VII Encontro da Marcha Mundial das Mulleres
A Marcha Mundial das Mulleres celebrará en Vigo, do 19 ao 21 de Outubro de 2008, o seu VII Encontro Internacional. Neste cadro desenvolveránse un Foro e unha Feira sobre a Soberanía Alimentar, onde mediante debates, exposicións, mostra de productos, obradoiros e música, se denunciará a utilización dos monocultivos intensivos, os agrotóxicos, a especulación do capital financieiro coa produción, transporte e venda dos alimentos… prácticas que afectan á vida das comunidades, dos pobos e do planeta, tamén das mulleres, que son maioria na producción e elaboración dos alimentos mais teñen só o 1% da propiedade da terra. No Foro e na Feira defenderase o dereito que teñen os pobos a decidir sobre a súa alimentación, a súa agricultura e pesca, sinalando o papel das mulleres como axentes de Soberanía Alimentar.
Programa do Foro
Sábado 18 de Outubro (Auditorio Caixa Nova, Vigo)
(17:00 / 19:00 h)
SOBERANÍA ALIMENTAR, UN DEREITO DOS POBOS, UNHA FERRAMENTA PARA AS MULLERES.
- GLADYS ALFARO (México) Representante do CIAM (Centro de Investigación e Acción da Muller Latinoamericana). Comité Internacional da Marcha Mundial das Mulleres.
- LIDIA SENRA (Galiza) Labrega, da Secretaría das Mulleres do SLG e de Via Campesina.
- IRENE LEÓN (Ecuador) Socióloga e directora da área de muller de ALAI (Axencia Latinoamericana de Información). Colaboradora Via Campesina.
(19:00 / 19:30 h) Descanso.
(19:30 / 20:00 h)
CONSTRUINDO SOBERANÍA ALIMENTAR, REALIDADES E PROXECTOS.
- CARIDAD YNARES (Jing) (Filipinas) Avogada de Sarilaya-Kasarian Kalayaan.
- NANA AICHA CISSÉ (Mali) Colaboradora da Coordenadora de Organizacións Campesinas de Mali.
- DENISA VUILLON (Francia) AMAP “Association pour le Maintien de l´Agriculture Paysanne en France”
- ROSARIO SÁNCHEZ (Galiza) Labrega, Proxecto “O Grelo Verde”
- ESTHER VIVAS (Catalunya) “Xarxa de Consum Solidari”.
Inscripción gratuita.Tradución simultánea.
Pódese facer a inscripción directamente AQUÍ
ou enviar a FOLLA cos datos ao fax (986) 442 195
(imprescindíbel DNI ou pasaporte para retirar cascos)
Aforo limitado, admisión por orden de inscripción.
+info 986 442 194
19 de Outubro haberá unha manifestación en Vigo co lema “Mudar a vida das mulleres para mudar o mundo. Mudar o mundo para mudar a vida das mulleres”










