Estás aquíAnnecy, 20-21 de Setembro: Unha agricultura para viver
Annecy, 20-21 de Setembro: Unha agricultura para viver
O futuro da Política Agrícola Europea estará no centro dos debates do Consello Informal de Ministros de Agricultura da Unión Europea, que se xuntará en Annecy (Franza) durante os días 21 a 23 de Setembro de 2008. Organizacións labregas, ambientais e cidadás francesas chaman á participación nun encontro e mobilización os días 20 e 21 de Setembro en Annecy, na defensa dunha agricultura para viver.
A política agrícola que demandan debe:
- Devolver á agricultura a súa primeira vocación alimentar
- Promover unha agricultura labrega, familiar e xeradora de emprego
- Relocalizar as producións e as adaptar aos territorios
- Preservar os recursos naturais e os equilibrios ecolóxicos
- Garantir o direito á soberanía alimentar dos países do Norte e do Sul
A crise alimentar global, destacada brutalmente polos motíns da fame, é resultado das políticas liberais impostas nos últimos 20 anos.
Reclamamos unha outra PAC lexítima, solidaria e verdadeiramente sustentábel, que será unha grande panca para regulamentar mercados e deter o empobrecimento e desaparición de labreg@s!
A política agrícola que queremos é a única quen de afrontar os desafíos alimentares, problemas ambientais e sociais aos que se enfronta a humanidade. Coa unión dos produtores e a nosa escolla de consumo podémola apoiar.
A alimentación é un direito, mudemos a PAC!
Exiximos o direito á soberanía alimentar!
Máis información:
http://www.changeonslapac.org/
http://www.soignonslapac.org/
http://www.viacampesina.org/main_sp/index.php?option=com_content&task=view&id=559&Itemid=1










