Estás aquíO campo campesiño

O campo campesiño


A negativa do senado arxentino ao aumento dos impostos sobre a soia, aparece na prensa como unha vitoria do campo. De que campo falan? Non se confundan, non falan das familias campesiñas que teñen as súas pequenas parcelas para autoconsumo e venda local, falan de terratenientes, de oligarquía e de grandes corporacións: o campo industrializado, o campo sen campesiñado, o campo dos negocios, o campo da soia.

O modelo de produción de soia en Arxentina é a réplica de modelos coloniais de monocultivos que responde -hoxe- ás necesidades de China e Europa mentres necesitemos penso para o gando e agrocombustíbeis para os coches. Veterinarios Sen Fronteiras vén divulgando a súa preocupación das consecuencias deste modelo soieiro, que como explica o Grupo de Reflexión Rural “está a pór en gravísimo risco os solos da Arxentina. Nas terras máis fráxeis, como nas provincias de Salta, Chaco e Santiago del Estero, este modelo provocou xigantescos colapsos ambientais, sendo o deterioramento do solo, tanto como a devastación do monte e do bosque, a causa de sucesivas inundacións e secas, acompañado coa expulsión de poboacións do campo, que formaron barrios de indixencia ao redor das cidades capitais desas provincias. A soia substituíu os tambos, as chacras de produción de alimentos biodiversos, sans e locais”

O campo campesiño arxentino non está vitorioso, non gañou nengunha batalla. A súa preocupación non é a carga impositiva sobre os soieros, a súa necesidade é cambiar o modelo agrario deseñado na Arxentina. O campo campesiño esixe “en carácter de urxente e ante a crise mundial, tanto enerxética como alimentar, declarar, confirmar e garantir, que o Estado Arxentino nos seus diferentes niveis: nacionais, provinciais e municipais, privilexie a produción de alimentos, antes que calquera outro emprendimiento por rendíbel que este sexa.”

Gustavo Duch Guillot
Director de VSF

Etiquetas

Quen Somos

Financia

Web renovado e actualizado co apoio económico da cooperación galega

Quién está en línea

Actualmente hay 0 usuarios y 1 invitado en línea.