Estás aquíCiberacción: Empresa de agrocombustíbeis reprime violentamente indíxenas en Guatemala

Ciberacción: Empresa de agrocombustíbeis reprime violentamente indíxenas en Guatemala


A expansión de agrocombustíbeis en Guatemala está en conexión con violacións de dereitos humanos,  perda das terras de comunidades indíxenas e con grave destrución ambiental. Unha das empresas produtoras de etanol de cana de azucre en guatemala é o Enxeño Guadalupe. Durante os últimos tres anos, estiveron a deforestar e plantar vastas áreas de terra para etanol nunha área coñecida como Finca Los Recuerdos. Os campesiños indíxenas opóñense firmemente á invasión do seu territorio, así como á destrución ambiental ocasionada polo Enxeño Guadalupe.

30 de Xuño deste ano, 60 familias Keqchi tentaron recuperar parte da súa terra para a cultivar e producir alimentos. Membros do CUC (Comité de Unidad Campesina) argumentan: “Facemos ver que o goberno non ten medidas claras para enfrontar a crise alimentar e de altos prezos, e facémolo responsábel da reacción e accións que tome a poboación ante o agravamento da crise”. Como reacción, foron atacados por paramilitares asociados á compañía. Durante este ataque, disparáronlles desde un helicóptero, resultando ferido un home de 35 anos, pai de tres nenos, quen tivo que ser hospitalizado. Ao día seguinte, as familias e representantes da organización labrega CUC, realizaron unha protesta pacífica durante a cal volveron ser atacados polos paramilitares, a quen acompañaban dous representantes do Enxeño Guadalupe. Houbo disparos, ameazas de morte, e dúas mulleres resultaron detidas de xeito ilegal.

Noutra parte do país, en Coatepeque, a expanisón da palma de aceite para a produción de biodiesel está a causar contaminación e desertificación. Houbo ataques da mesma natureza en contra dos fillos dun dos membros do Comité Nacional do CUC nesta rexión, e outro membro do CUC foi asasinado nun minibus público.

De acordo coas informacións facilitadas polo CUC, e pola organización internacional de dereitos humanos Rights Action, eses eventos son representativos do que está a pasar en toda Guatemala, onde o goberno actúa en cumplicidade con grandes terratenentes e empresas do agronegocio para que estas obteñan de forma ilegal terras que pertencen a comunidades indíxenas, e onde a violencia cometida por paramilitares e até polas forzas de seguridade do Estado utilízase para desprazar a comunidades.

Rights Actions fai un chamamento ao BID (Banco Interamericano de Desenvolvimento) para que suspenda inmediatamente todo apoio e financiamento de agrocombustíbeis en Guatemala. Por favor, firme a carta que atopará abaixo, a cal será enviada automaticamente ao BID.

Ciberacción

Etiquetas

Quen Somos

Financia

Web renovado e actualizado co apoio económico da cooperación galega

Quién está en línea

Actualmente hay 0 usuarios y 1 invitado en línea.